Tobolsk (en ruso: Тобо́льск, tártaro: Tubıl) foi a capital histórica de Siberia, e actualmente unha cidade ordinaria do óblast de Tiumen, en Rusia. Está localizada na confluencia dos ríos Tobol e Irtish.

Modelo:Xeografía políticaTobolsk
Тобольск (ru) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 58°11′43″N 68°15′29″L / 58.1953, 68.2581Coordenadas: 58°11′43″N 68°15′29″L / 58.1953, 68.2581
EstadoRusia
ÓblastsÓblast de Tyumen Editar o valor em Wikidata
Capital de
Tobol Okrug (en) Traducir
Q4459156 Traducir
Tobol Okrug (en) Traducir
Tobolsky Uyezd (en) Traducir (1587–1923)
Siberia Governorate (en) Traducir (1708 (Xuliano)–1782 (Xuliano))
Tobolsk Province (en) Traducir (1719 (Xuliano)–1782 (Xuliano))
Q61990551 Traducir (1782 (Xuliano)–1796 (Xuliano))
Tobolsk Viceroyalty (en) Traducir (1782 (Xuliano)–1796 (Xuliano))
Tobolsk Governorate (en) Traducir (1796 (Xuliano)–1920)
Tobolsky District (en) Traducir (1923–)
Tobolsk Urban Okrug (en) Traducir (2004–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación98.886 (2017) Editar o valor em Wikidata (445,43 hab./km²)
Xeografía
Superficie222 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude90 m Editar o valor em Wikidata
Creación14 de xuño de 1587 ↔ agosto de 1587 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoVladimir Mazur (en) Traducir (2012–2019) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal626128 • 626150 • 626159 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
UTC+5 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico3456 Editar o valor em Wikidata
Identificador OKTMO71710000001 Editar o valor em Wikidata
Identificador OKATO71410000000 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Peć (pt) Traducir
Surgut (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webtobolsk.admtyumen.ru Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Tobolsk foi fundada polos cosacos comandados polo seu líder Iermak Timofeevich entre 1585 e 1586 durante o primeiro avance ruso en Siberia. Preto das ruínas de Qashliq, capital do Khanato de Siberia. Isto fíxose co asentimento da Gobernación de Siberia e prosperou grazas ao comercio con China e Bukhara. Foi aí onde se estableceron a primeira escola, o primeiro teatro e o primeiro xornal de Siberia.

Debido aos desacordos administrativos do territorio, Tobolsk deixou o asento do Gobernador xeral de Siberia Occidental ata que fose trasladado a Omsk de 1820 a 1830. Homenaxeando á autoridade da cidade, moitas cidades siberianas tiñan as súas armas orixinais e mostran a insignia de Tobolsk, entre elas, Omsk, Tiumén e Tomsk. Omsk honra a herdanza até este día.

Até a Revolución rusa de 1917, a cidade servía como a capital de gobernatura de Tobolsk. Vasilii Perov e Dmitri Mendeleev (creador da táboa periódica), foron os habitantes máis famosos da cidade. A importancia da cidade diminuíu cando o Ferrocarril Transiberiano evitouno no seu percorrido, nos anos 1890.

Entre os edificios seculares notorios da cidade atópase esta casa construída polo comerciante e recadador de impostos Kuklin despois dun incendio que arrasou coa cidade en 1788.

En agosto de 1917, despois da Revolución de Febreiro, o Tsar Nicolao II de Rusia e a súa familia foron exiliados aquí polo Goberno provisional e aloxados na antiga casa do Gobernador xeral, antes de ser trasladados polas forzas bolxeviques a Ekaterimburgo.

A economía do Tobolsk moderno céntrase nunha refinaría de petróleo principalmente. Tamén se conservan algunhas artesanías tradicionais, como a talladura de óso.

Monumentos editar

Tobolsk é a única cidade de Siberia e unha das poucas en Rusia que ten un Kremlin ou fortaleza de pedra, construída ao redor dos séculos XVII e XVIII. As paredes brancas e torres do conxunto de igrexas e edificios están espectacularmente situados sobre unha alta beira do río. Foron declarados un tesouro nacional histórico e arquitectónico en 1870.

Os monumentos principais do Kremlin son a Catedral de Santa Sofía (1683-1686), o patio mercante (1703-1705), o palacio episcopal (1773-1775), e a suposta Cámara Sueca (1713-1716), con seis corredores barrocos. A cidade contén notables igrexas barrocas e neoclásicas a partir dos séculos XVIII e XIX. Tamén significativo é un monumento de granito dedicado a Iermak Timofeevich, construído por Alexander Brullov en 1839.

Galería editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar