Tiwol Chan Mat ou Tiwohl Chan Mat, nado en 648 e finado en 680, foi un membro da nobreza maia do ajawlel ou señorío de B'aakal, cuxa sede principal era Lakam Ha', no presente coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque, no estado mexicano de Chiapas. É tamén referido como Batz' Chan Mat.[1]

Tiwol Chan Mat
Nacemento648
Falecemento680
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi fillo do ahau K'inich Janaab' Pakal ou Pakal “o Grande” e Tz'akbu Ajaw. Os seus irmáns foron K'inich Kan Bahlam II e K'inich K'an Joy Chitam II. Casou con Ix Kinuuw Mat, quen, do mesmo xeito que a súa nai, era orixinaria de Ux Che' K'uh, polo que se cre que o matrimonio foi concertado para reforzar os vínculos coa familia real, xa que esta poboación fora atacada por B'ahlam Ajaw, señor de Tortuguero, quen se escindiu da dinastía real de B'aakal tralas mortes de Aj Ne' Ohl Mat e Pakal “o Vello” e a derrota inflixida por K'uhul Kaan Ajawel, señor de Kaan, cuxa sede era Calakmul.[2]

De acordo á conta longa do calendario maia, o 9.14.10.4.2 9 ik 5 kayab, equivalente ó 13 de setembro de 678, foi pai de K'inich Ahkal Mo' Naab III, quen anos máis tarde gobernaría o señorío de B'aakal.[3] Tiwol Chan Mat morreu dous anos, tres meses e días despois, na data 9.12.8.9.18 7 etz'nab 6 muwan, equivalente ó 23 de decembro de 680, cando Pakal “o Grande” aínda vivía.[4]

O seu retrato atópase tallado no taboleiro dos escravos onde, nunha escena imaxinaria, el e a súa esposa realizan a entronización do seu fillo Ahkal Mo' Naab III.[5] É probable que tamén sexa pai de Upakal K'inich Janaab' Pakal.[6]

Notas editar

  1. Grube, 2006; 457
  2. Bernal, 2011; 290
  3. Skidmore, 2008; 80
  4. Stuart, 2010; 152
  5. Skidmore, 2008; 82
  6. Skidmore, 2008; 83

Véxase tamén editar

Bibliografía editar