Titus Brandsma, nado o 23 de febreiro de 1881 como Anno Sjoerd Brandsma en Oegeklooster, Frisia (Países Baixos),[1] e finado no Campo de concentración de Dachau (Alemaña) o 26 de xullo de 1942, foi un sacerdote católico que loitou contra o nazismo.

Infotaula de personaTitus Brandsma

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(nl) Anno Sjoerd Brandsma Editar o valor em Wikidata
23 de febreiro de 1881 Editar o valor em Wikidata
Bolsward, Países Baixos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xullo de 1942 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Campo de concentración de Dachau, Alemaña nazi Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInxección letal Editar o valor em Wikidata
Q20898247 Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Gregoriana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeologia católica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Nimega (1923–1942)
Roma (1906–1909) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico (1905–), profesor universitario , teólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Radboud de Nimega (pt) Traducir, Dutch ordinary professor (en) Traducir. Q61654733 Traducir (1923–1942)
Universidade Radboud de Nimega (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaEsperanto e lingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de Santa María do Monte Carmelo Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa27 de xullo Editar o valor em Wikidata
Patrón deXornalista Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
15 de maio de 2022canonización
3 de novembro de 1985beatificación
17 de xuño de 1905ordenación sacerdotal no rito latino Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Brandsma-177

Traxectoria editar

Recibiu a ordenación sacerdotal en 1905 e ingresou na Orde de Santa María do Monte Carmelo o 17 de setembro de 1898. Licenciado en Filosofía na Universidade Gregoriana de Roma, foi profesor de filosofía e historia na Universidade católica de Nijmegen, da que foi reitor e xornalista.

Trala ocupación de Holanda polas tropas alemás durante a segunda guerra mundial, denunciou publicamente ao nacionalsocialismo como unha ideoloxía pagá, pronunciouse a prol da liberdade de prensa e condenou a persecución dos xudeus. Axudou a moitos xudeus a fuxir do país. O bispado holandés encargoulle eliminar a propaganda nazi da prensa católica.

O 19 de xaneiro de 1942 foi detido pola Gestapo e levado ao campo de concentración de Dachau onde foi cruelmente torturado e finalmente asasinado o 26 de xullo do mesmo ano mediante unha inxección letal. Era falante de esperanto e formaba parte da Unión Internacional de Esperantistas Católicos. Hoxe é recoñecido como o patrón dos esperantistas católicos, xunto con Maximiliano Kolbe.[2]Tamén era membro da asociación ecoloxista Fryske Gea e un dos fundadores da Fryske Akademy, a academia da lingua frisoa.

Foi beatificado por Xoán Paulo II o 3 de novembro de 1985.[3]

Notas editar

  1. Rees, 1971, p. 11.
  2. "The Catholic Esperantists". 
  3. vatican.va (ed.). "Beati e Santi del Pontificato di Giovanni Paolo II" (en italiano). Consultado o 28/01/14. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Joseph Rees (1971). Sidgwick and Jackson, ed. Titus Brandsma: a modern martyr. 
  • P J Clarke (2012). Strategic Book Publishing, ed. Lives That Made a Difference. pp. 246–249. ISBN 9781622120147.