Tishsina foi unha rexión do norte do Imperio Hitita ao norte de Hattusa, no límite cos kaskas, que recibía o seu nome dunha montaña. Suppiluliumas I saqueou a rexión na parte final do seu reinado, sobre o -1330. Ao bordo estaba o río Marasanta (Maraššanta), rexión chamada Marasantiya, lugar onde o foi atopar Kili-Teshub, fillo do ex rei Tushratta de Mittani, cando despois de fuxir de Babilonia, foi pedir a axuda do rei hitita. O hurrita presentouse diante do rei con só tres carros, dous hurritas e outros dous servidores, e un só equipamento de roupa. O rei recibiumo, falou con el e decidiu axudalo e, pouco despois, deulle unha filla en matrimonio e fíxoo rei de Mitanni.

A rexión de Tishsina e Marasantiya foi xeralmente dominada polos kaskas no século XIV a.C. pero sobre o 1270 a.c. foi reconquistada definitivamente por Hattusilis, rei de Hakpis, que despois foi Hattusilis III.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar