Os tisanuros[1] (Thysanura) é o nome dunha orde de insectos hoxe desaprobada, pero que durante un século fora recoñecida como orde válida. Os dous grupos constituíntes desta orde tradicional eran os Archaeognatha e os Zygentoma, que compartían varias características, como a de ter tres longos filamentos caudais, sendo os dous laterais cercos, mentres que o medial é un apéndice cerciforme diferente chamado epiprocto. Ambos eran tamén insectos sen ás e tiñan corpos cubertos de finas escamas, bastante parecidas ás dos Lepidoptera (os cales, non teñen practicaemnte relación con eles). A finais do século XX, recoñeceuse que as dúas subordes non eran taxons irmáns, polo que Thysanura era parafilético, e as dúas subordes foron elevadas á categoría de ordes, independentes e monofiléticas, e os Archaeognatha consideráronse un taxon irmán dos Dicondylia, estes últimos inclúen os Zygentoma entre moitos outros.[2][3]

Membro típico da orde Archaeognatha

Aínda que o grupo "Thysanura" xa non se recoñece como válido, o nome aínda aparece nalgunhas publicacións.[4]

Etimoloxía editar

O nome Thysanura deriva do grego θυσάνος, thysanos 'fleco, sedas' e οὐρά, oura 'cola', unha referencia aos seus tres filamentos caudais dispostos en abano.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Tisanuros.
  2. A. Blanke, M. Koch, B. Wipfler, F. Wilde, B. Misof (2014) Head morphology of Tricholepidion gertschi indicates monophyletic Zygentoma. Frontiers in Zoology 11:16 doi:10.1186/1742-9994-11-16
  3. P. J. Gullan; P. S. Cranston (13 de xullo de 2010). The Insects: An Outline of Entomology. John Wiley & Sons. pp. 202–. ISBN 978-1-4443-1767-1. 
  4. Richards, O.W.; Davies, R.G. (1977). Imms' General Textbook of Entomology: Volume 1: Structure, Physiology and Development Volume 2: Classification and Biology. Berlin: Springer. ISBN 0-412-61390-5. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar