Tirán, Moaña

parroquia civil do concello de Moaña

San Xoán de Tirán é unha parroquia que se localiza no concello de Moaña. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 4 466 habitantes (2 149 homes e 2 317 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación.

Tirán
Igrexa parroquial.
ConcelloMoaña[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°17′00″N 8°43′00″O / 42.283333333333, -8.7166666666667Coordenadas: 42°17′00″N 8°43′00″O / 42.283333333333, -8.7166666666667
Poboación4 466 hab. (2022)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Ten varios quilómetros de praias, que bañan as súas areas na ría de Vigo, destacando O Con (bandeira azul), Niño do Corvo e O Canabal.

Historia editar

Os primeiros intentos en Galicia do cultivo de mexillón en bateas fixéronse nesta parroquia en 1932,[3] ó instalar Manuel Otero Moratinos un caixón de madeira seguindo o modelo que vira nunha viaxe a Cataluña. A experiencia durou só uns meses e foi un fracaso. Houbo que esperar ata 1946 para que se desenvolvese, xa con éxito, un novo proxecto neste mesmo sentido, no porto de Vilagarcía de Arousa.

Demografía editar

Gráfica de evolución demográfica de Meira entre 2000 e 2020
Datos segundo o IGE.

Deporte editar

O club de remo de Tirán acadou en varias ocasións o campionato de España de traíñas.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Tirán editar

Lugares da parroquia de Tirán no concello pontevedrés de Moaña

O Con | As Fontes | O Igrexario | O Real | Vilela

Parroquias de Moaña editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Moaña

Domaio (San Pedro) | Meira (Santa Eulalia) | Moaña (San Martiño) | Moaña (Virxe do Carme) | Tirán (San Xoán)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 17 de febreiro de 2023. 
  3. "Cataluña inspiró a los pioneros del cultivo del mejillón en 1932", en La Voz de Galicia, 29 de setembro de 1996 (en castelán).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar