Tintín e os pícaros

volume de banda deseñada das aventuras de Tintín

Tintín e os pícaros (francés: Tintin et les Picaros) é o vixésimo terceiro e último dos álbums de As aventuras de Tintín publicados polo autor belga de banda deseñada Hergé. A entrega final da serie que completaría Hergé, en Bélxica serializouse na revista Tintín desde setembro de 1975 ata abril de 1976 antes de publicarse en albúm por Casterman en 1976. Nese ano traduciuse á maioría dos idiomas nos que pode atoparse, sendo a última tradución a edición grega, acabada en 1993. A primeira edición en galego foi en 1985 pola Editorial Juventud con tradución de Valentín Arias López.

Tintín e os pícaros
Título orixinalTintin et les Picaros
Autor/aHergé
OrixeBélxica Bélxica
LinguaFrancés
ColecciónAs aventuras de Tintín
Xénero(s)Aventuras
EditorialCasterman
Data de pub.Seriada: 16 de setembro de 1975 ao 13 de abril de 1976
FormatoSeriado, con recompilación en álbum
Páxinas62
ISBNISBN 84-261-2131-2
Precedido porTintín e o lago dos tiburóns
Seguido porTintín e a Arte-Alfa
EditorEditorial Juventud
TraduciónValentín Arias López
editar datos en Wikidata ]

A narración segue ao novo reporteiro Tintín, o seu can Milú e os seus amigos o capitán Haddock e o profesor Tornasol mentres viaxan á (ficticia) nación suramericana de San Teodoros para rescatar á súa amiga Bianca Castafiore, que foi metida na cadea polo goberno do xeneral Tapioca. Unha vez alí, envolvense nas actividades revolucionarias antigobernamentais do vello amigo de Tintín o xeneral Alcazar.

Hergé comezou a traballar en Tintín e os Pícaros oito anos despois de completar o volume anterior da serie, Voo 714 para Sidney, creándoo coa axuda do seu equipo de artistas nos estudios Hergé. A ambientación e a trama inspiráronse no interese de Hergé polos revolucionarios latinoamericanos, en particular polos activos na Revolución cubana. O libro reflectiu cambios na aparencia e comportamento de varios personaxes clave da serie. O propio Tintín, por exemplo, xa non usa a súa marca rexistrada, os pantalóns de golf, e viste con jeans. O volume tivo unha mala acollida e seguiu recibindo críticas negativas de comentaristas posteriores sobre a obra de Hergé. As críticas temperás da historia centráronse no que se considerou a súa pésima perspectiva sobre cuestións políticas, mentres que as críticas posteriores concentráronse na mala caracterización e falta de enerxía. Hergé continuou As aventuras de Tintín con Tintín e a Arte-Alfa, unha historia que nunca completou, e a serie no seu conxunto converteuse nunha parte definitiva da tradición do cómic franco-belga. A historia adaptouse para un episodio da serie animada de 1991 As aventuras de Tintín de Ellipse e Nelvana.

Sinopse editar

A historia comeza con Tintín chegando a Moulinsart onde é informado polo Capitán Haddock que Bianca Castafiore iniciou unha xira por San Theodoros (A orella rota), o país do derrocado Xeneral Alcázar. Ao día seguinte Tintín, Haddock e o profesor Tornasol entéranse de que Bianca Castafiore, a súa serventa Irma, o seu pianista Wagner e os detectives Hernández e Fernández foron arrestados baixo acusacións de conspiración para derrocar ao goberno militar do xeneral Tapioca (ditador gobernante de quenda de San Teodoros), e eles tres (Tintín, o capitán e Tornasol) son acusados de planear a operación.

Tapioca invita ao trío a visitar San Teodores, prometéndolles un salvoconduto, pero Tintín considera que é unha trampa, deixando a Haddock e Tornasol a ir sós. Unha vez alí, o capitán e o profesor son levados a unha vila rural, onde son retidos sen facelos prisioneiros polos servizos de seguridade. [1] Tintín únese aos seus amigos algúns días despois, onde sinala a Haddock e Tornasol que a súa vila está vixiada e controlada. Recoñece a un dos empregados como Pablo, un home que salvoulle a vida en A orella rota. Por Pablo, Tintín decátase de que todo o escenario é unha trama organizada polo Coronel Sponsz, unha figura do exército de Borduria que está a axudar ao goberno de Tapioca para vingarse contra Tintín polos acontecementos de O caso Tornasol . [2]

Durante o curso dunha visita turística a unha pirámide azteca, organizada co fin de que Tintín sexa «rescatado» polo xeneral Alcázar, son vítimas dunha traizón de Pablo (A orella rota) quen intenta axudar aos tapioquistas a que supriman aos catro amigos. Tintín dáse conta desta argucia e consegue lograr que todos saian con vida tras o cal diríxense ao campamento dos guerrilleiros Pícaros comandados polo xeneral Alcázar.

 
Lombo da edición en galego.

Unha vez no campamento de Alcázar e os seus guerrilleiros os Pícaros, quedan patentes as poucas posibilidades de éxito do golpe de estado que pretende levar a cabo o xeneral Alcázar, debido a que os seus soldados atópanse permanentemente bébedos (debido ás caixas de whisky que lles lanzan os avións do xeneral Tapioca). Tintín logra convencer ao xeral Alcázar para que realice unha revolución sen derramamento de sangue e a cambio el encargarase de evitar que os seus homes se emborrachen. Usando un novo invento do profesor Tornasol que produce intolerancia ao alcol (e que foi probado polo Capitán Haddock sen que el soubéseo) logran que os homes de Alcázar non poidan probar o alcol.

Cando planean o golpe, aparece un autocar perdido de artistas belgas (os Alegres Turlurones) dirixidos por Serafín Lampión para participar nos festexos de Tapiocápolis. Usando os mesmos disfraces do grupo de artistas logran entrar na capital e tomar o poder. Descóbrese que o cerebro detrás da mentira esta o coronel Sponz (O asunto Tornasol).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  1. Hergé 1975, pp. 1; 21.
  2. Hergé 1975, pp. 21; 25.