Tinian é unha das tres illas principais da Mancomunidade das Illas Marianas do Norte, actualmente baixo soberanía estadounidense. Ten unha extensión de 101 km² e a súa principal localidade é o pobo de San José. A oito quilómetros en dirección nordés atópase a veciña illa de Saipan, que acolle a capital do arquipélago, e a sete a deshabitada Aguillan.

Modelo:Xeografía políticaTinian
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 15°00′N 145°38′L / 15, 145.63Coordenadas: 15°00′N 145°38′L / 15, 145.63
Área insularIllas Marianas do Norte
Municipality of the Northern Mariana Islands (en) TraducirTinian Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.136 (2010) Editar o valor em Wikidata (31,05 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie101,01 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+10 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

As illas Saipan, Tinian e Aquijan

Historia editar

A illa, que sempre estivo moi pouco poboada, foi reclamada por España xunto co resto das Illas Marianas en 1667, chegando a partir de entón algúns misioneiros. En 1741 o almirante británico George Anson recalou en Tinian durante a Guerra da Orella de Jenkins, pero se retirou pouco despois. O dominio español duraría ata 1899, ano en que España, incapaz de manter o control sobre as súas posesións en Oceanía tras a perda de Filipinas durante a Guerra Hispano-Estadounidense accedeu a venderllas ao Imperio Alemán.

Durante o breve período que durou a administración alemá a illa permaneceu practicamente baleira, sendo ocupada polos xaponeses tras a primeira guerra mundial. Estes construíron plantacións de cana de azucre e 3 pequenas pistas para avións, ademais de despregar unha gran guarnición defensiva que perduraría ata a conquista da illa polos Estados Unidos en xullo de 1944. Tras a vitoria os norteamericanos converteron Tinian nunha gran base aérea capaz de acoller bombardeiros, dispoñendo as pistas e instalacións de forma que recordaban o plano urbano da illa de Manhattan e bautizáronas en consecuencia: o hospital militar, por exemplo, foi chamado "Central Park", e a área onde se atopaba a antiga base xaponesa "The Village", en referencia a Greenwich Village. Durante o restante ano de guerra Tinian converteuse na base aérea no Pacífico con maior actividade, acollendo a engalaxe da gran maioría de avións destinados a bombardear as principais cidades xaponesas. Entre estes avións atopábanse os que lanzaron as dúas bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki, Fat Man e Little Boy.

Estado actual editar

Tras o fin da segunda guerra mundial a illa retornou a un estado de subdesenvolvemento no que aínda se atopa. As vellas instalacións militares permanecen abandonadas á natureza, coa única excepción dun monumento situado no lugar onde estiveron as bombas e un pequeno aeroporto que só ten tráfico con Saipán, un traxecto duns cinco minutos. A viaxe tamén se pode facer en barco, aínda que só hai unha saída e unha chegada por día. Os principais negocios son dúas gasolineiras e un casino, aínda que o goberno local ten a intención de construír catro máis coa intención de atraer máis turismo.

En 2000, o censo de poboación efectuado polo goberno dos Estados Unidos contabilizaba un total de 3.540 habitantes na illa.