Timothé Luwawu-Cabarrot

baloncestista francés

Timothé Luwawu-Cabarrot, nado o 9 de maio de 1995 en Cannes, é un xogador francés de baloncesto profesional que xoga no Olimpia Milano da Lega Basket Serie A e da Euroliga.

Timothé Luwawu-Cabarrot
ASVEL Basket  – No. 9
Información persoal
Nacemento 9 de maio de 1995 (28 anos)
Francia Cannes
Nacionalidade Francia
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Posición Escolta / Ala
Información da carreira
NBA Draft 2016 / Rolda: 1 / Elección: 24
Por Philadelphia 76ers
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Antibes Sharks (2012–2015)
Mega Leks (2015–2016)
Philadelphia 76ers (2016–2018)
Delaware 87ers (2016)
Oklahoma City Thunder (2018–2019)
Chicago Bulls (2019)
Brooklyn Nets (2019–2021)
Long Island Nets (2019–2020)
Atlanta Hawks (2021–2022)
Olimpia Milano (2022–2023)
ASVEL Basket (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

O 23 de xuño de 2016, Luwawu-Cabarrot foi elixido na 24ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Philadelphia 76ers.[1] O 3 de xullo de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Sixers.[2] Durante a súa primeira tempada na NBA, foi asignado en varias ocasións ós Delaware 87ers, afiliado dos 76ers na NBA Development League.[3]

O 25 de xullo de 2018, Luwawu-Cabarrot foi traspasado ós Oklahoma City Thunder nun traspaso entre tres equipos.[4]

O 1 de febreiro de 2019, Luwawu-Cabarrot foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2020.[5]

O 23 de outubro de 2019, asinou un contrato cos Brooklyn Nets.[6] O 15 de xaneiro de 2020, Luwawu-Cabarrot asinou un contrato de dez días cos Nets.[7] O 25 de xaneiro de 2020, asinou un novo contrato de dez días.[8] O 7 de febreiro de 2020, Luwawu-Cabarrot asinou un contrato multianual cos Nets.[9]

O 22 de setembro de 2021, Luwawu-Cabarrot asinou cos Atlanta Hawks.[10]

Notas editar

  1. Cato, Tim (23 de xuño de 2016). "NBA Draft 2016: 76ers select Timothe Luwawu-Cabarrot at No. 24". SBNation.com. Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  2. "Sixers Announce Team Has Signed 2016 Draft Picks Ben Simmons and Timothe Luwawu-Cabarrot". NBA.com. 3 de xullo de 2016. Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  3. "2016-17 NBA Assignments". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2017. Consultado o 5 de decembro de 2016. 
  4. "Thunder Acquires Dennis Schröder and Timothé Luwawu-Cabarrot". NBA.com. 25 de xullo de 2018. Consultado o 25 de xullo de 2018. 
  5. "Bulls finalize trade with Thunder". NBA.com. 1 de febreiro de 2019. Consultado o 1 de febreiro de 2019. 
  6. "Brooklyn Nets Sign Timothé Luwawu-Cabarrot to Two-Way Contract". NBA.com. 23 de outubro de 2019. Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  7. "Brooklyn Nets Sign Timothé Luwawu-Cabarrot to 10-day Contract". NBA.com. 15 de xaneiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  8. "Brooklyn Nets Sign Timothé Luwawu-Cabarrot to Second 10-Day Contract". NBA.com. 25 de xaneiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  9. "Brooklyn Nets Sign Timothé Luwawu-Cabarrot to a Multi-Year Contract". NBA.com. 7 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  10. "Atlanta Hawks Sign Johnny Hamilton, A.J. Lawson, Timothe Luwawu-Cabarrot and Jahlil Okafor". NBA.com. 22 de setembro de 2021. Consultado o 22 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar