Tim Thomas

baloncestista estadounidense

Timothy "Tim" Mark Thomas, nado o 26 de febreiro de 1977 en Paterson, Nova Jersey, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 1,98 metros xogaba na posición de ala.

Tim Thomas
Posición Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 26 de febreiro de 1977 (47 anos)
Paterson, Nova Jersey
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Información da carreira
Instituto Paterson Catholic
Universidade Villanova
NBA Draft 1997 / Rolda: 1 / Elección: 7
Por New Jersey Nets
Carreira 1997–2010
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (1997–1999)
Milwaukee Bucks (1999–2004)
New York Knicks (2004–2005)
Chicago Bulls (2005)
Phoenix Suns (2006)
Los Angeles Clippers (2008–2009)
New York Knicks (2008–2009)
Chicago Bulls (2009)
Dallas Mavericks (2009-2010)

Carreira editar

Universidade editar

Thomas asistiu á Universidade de Villanova, onde xogou ao baloncesto unha tempada antes de dar o salto á NBA. No seu único ano, fixo medias de 16,9 puntos, 6 rebotes e 2,1 asistencias por partido.

NBA editar

Foi seleccionado por New Jersey Nets na sétima posición do Draft da NBA de 1997, sendo traspasado inmediatamente a Philadelphia 76ers a cambio do tamén rookie Keith Van Horn. Nos 76ers disputou unha tempada e media, facendo 11 puntos e 3.7 rebotes por partido na súa primeira campaña na liga e sendo incluído no segundo mellor quinteto de rookies. En 1999 foi traspasado a Milwaukee Bucks, equipo liderado por Ray Allen e Sam Cassell no que se convertería nun dos mellores sextos homes da NBA. A súa mellor tempada alí foi a 2002-03, na que fixo 13,3 puntos por noite. En 2004 foi traspasado, de novo a cambio de Van Horn, a New York Knicks. Na "gran mazá" só pasou unha tempada e media.

No verán de 2005 foi novamente traspasado, esta vez a Chicago Bulls xunto con Michael Sweetney por Eddy Curry. En Chicago só xogou tres partidos, sendo cortado en marzo e terminando a tempada en Phoenix Suns, onde foi peza clave na eliminatoria ante Los Angeles Lakers en playoffs. No sexto encontro da serie, os Suns ían tres abaixo no marcador, empatando grazas a un triplo de Thomas para posteriormente gañar na prórroga e forzar o sétimo partido. En xullo de 2006, Thomas asinou un contrato de 4 anos e 20 millóns de dólares con Los Angeles Clippers. Na súa primeira campaña en California fixo 11 puntos e 5 rebotes en 76 partidos.

O 21 de novembro de 2008 foi traspasado a New York Knicks xunto con Cuttino Mobley a cambio de Zach Randolph e Mardy Collins.[1] Tres meses despois foi enviado a Chicago Bulls xunto con Jerome James e Anthony Roberson por Larry Hughes. O 28 de xullo de 2009 fichou por Dallas Mavericks como axente libre.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar