Tim Commerford

músico estadounidense

Tim Commerford, tamén coñecido como Timmy C., Tim Bob, Simmering T, Y.tim.K, TIM.COM e tim.COM, nado en Irvine (California) o 26 de febreiro de 1968, é o baixista da banda de rock Rage Against the Machine e tamén tocou na recentemente desaparecida Audioslave.

Infotaula de personaTim Commerford

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1968 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Irvine, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaixista , músico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMetal alternativo e Hard rock Editar o valor em Wikidata
InstrumentoBaixo, baixo e guitarra Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoInterscope Records Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0173876 Musicbrainz: 4d61abe3-ce6d-4383-b2cd-8b4491496549 Discogs: 420215 Allmusic: mn0000604693 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É o máis novo de 5 irmáns. O seu pai foi enxeñeiro aeroespacial e traballou nos transbordadores espaciais da NASA, e a súa nai era matemática. Á súa nai diagnosticáronlle un cancro e pouco despois os pais divorciáronse. Tim quedou co seu pai, que volveu casar, mentres que a súa nai marchou para Sacramento coa irmá para tratarse do cancro, ata que faleceu cando Tim tiña 20 anos.

Commerford fíxose amigo de Zack de la Rocha no quinto grao, cando Tim ensinoulle a Zack como roubar comida da cafetería da escola. Zack introducíuno no baixo e Tim atopou unha saída na música e na poesía.

Commerford ten numerosas tatuaxes, incluíndo un deseño que lle cobre as súas costas, brazos, peito e a perna esquerda. O primeiro que se fixo foi unha sinxela banda negra ao redor do seu brazo para lembrar á súa nai.