O til[1] (~), til de nasalidade, trazo supralinear ou til xeral de abreviación, é un sinal diacrítico que se coloca sobre, baixo ou no medio dalgunhas letras en distintas linguas. Tamén se emprega nalgunhas ciencias.

~
Til
Signos ortográficos
punto ( . )

coma ( , )
punto e coma ( ; )
dous puntos ( : )
puntos suspensivos ( )
signo de interrogación ( ? )
signo de exclamación ( ! )
comiñas ( « » ) ( ‘ ’ ) ( “ ” )
parénteses ( ( ) )
corchetes ( [ ] )
raia ( )
guión ( )
barra diagonal ( / )
apóstrofo ( ' ) ( )
acento ( ◌́ )
  acento agudo ( ◌́ )
  acento circunflexo ( ◌̂ )
  acento grave ( ◌` )
diérese ( ◌̈ )
til ( ~ )
espazo (   )

Outros signos auxiliares
antilambda ( < > )

antígrafo ( )
arroba ( @ )
asterisco ( * )
asterismo ( )
barra inversa ( \ )
barra vertical ( | ) ( ¦ )
cancelo ( # )
chaves ( { } )
cruz ( ) ( )
e comercial ( & )
fin de artigo ( )
frecha ( )
grao ( ° )
guión baixo ( _ )
ídem ( )
indicador ordinal ( º ) ( ª )
man ( )
moeda ( ¤ )
parágrafo ( § )
porcentaxe ( % )
prima ( ) ( ) ( )
punto de lista ( )
punto medio ( · )
símbolos lóxicos
( ) ( ¬) ( ) ( ) ( )
símbolos matemáticos
( + ) ( ) ( × ) ( ÷ ) ( = ) ( ± )
símbolos monetarios
( ¤ ) ( $ ) ( ¢ ) ( £ ) ( ) ( ¥ ) ( )
símbolos de propiedade intelectual
( © ) ( ) ( ® ) ( ) ( ) ( Ⓜ )

~
Til
Diacríticos do alfabeto latino

acentos
   acento agudo ( ´ )
   acento agudo dobre ( ˝  )
   acento circunflexo ( ^ )
   acento grave ( ` )
   acento grave dobre (   ̏   )
anel ( ° )
breve ( ˘ )
breve inversa ( ̑ )
caron ( ˇ )
cedilla ( ¸ )
corno (  ̛ )
diérese ( ¨ )
gancho ( ˛   ̢ )
gancho superior (  ̉ )
macron ( ¯ )
ogonek ( ˛ )
punto
   punto inferior ( . )
   punto medio ( · )
   punto de lista ( )
   punto superior ( ˙ )
til ( ~ )
trazo ( ◌̸ )

Signos ortográficos empregados como diacríticos

apóstrofo ()
barra ( / )
barra inversa ou invertida ( \ )
barra vertical ( | )
coma ( , )
dous puntos ( : )
guión ( - )

Diacríticos de alfabetos non latinos

Diacríticos do alfabeto árabe
Diacríticos do alfabeto cirílico
Diacríticos do alfabeto devanágari
Diacríticos do alfabeto grego
Diacríticos do alfabeto hebreo
Diacríticos do alfabeto tibetano
Diacríticos dos silabarios xaponeses

Permite distinguir entre grafías simples (exemplos: a, n) e complexas (exemplos: ã, ñ). Así, o trazo superior pode indicar o modo de articulación dunha vogal (vogal nasalizada, por elevación no grao de constrición: ã, , ĩ, õ, ũ) ou o punto de articulación dunha consoante (nasal palatal: ñ)

Historia editar

A palabra “til” procede do latín titulus, "título" ou "sobrescrito". Orixinalmente se empregaba sobre o n como abreviatura. Por exemplo Ao Dñi significaba Anno Domini. Tamén era unha forma de indicar unha letra repetida.[2]

O til tamén era un sinal de nasalización. A referencia máis antiga á definición do til é do século XVI na Gramática de João de Barros.

Uso en galego editar

Na normativa oficial do galego o til forma parte da letra Ñ. Na normativa reintegracionista do galego é usado de maneira opcional nas vogais à e Õ para marcar as vogais nasais daquelas falas que aínda conservan esta pronuncia, ou como maneira a permitir diferentes pronuncias usando unha soa escrita (por exemplo, -ões para as realizacións /oŋs/, /ɔŋs/, /os/, /ɔis/, /õis/, etc).

En galego-portugués, o til era usado en hiatos dunha vogal nasal seguida doutra vogal:

maçãa (mazá, /ma.ˈt͡sã.a/)
chẽo (cheo, /ˈt͡ʃẽ.o/)
mĩudo (miúdo, /mĩ.ˈu.do/)
bõo (bo, /ˈbõ.o/)
ũa (unha, /ˈũ.a/)

Tamén se empregaba para facer abreviacións, substituíndo unha consoante nasal.

P. ex: , no canto de "con".

Valor único de marca de resonancia nasal vocálica editar

  • Casos de desnasalización completa moderna, en que a perda da resonancia nasal non implicou a xeración de ningún tipo de consoante: en posición tónica (exemplos: allẽo, cadẽa, chẽo, lũa serẽa), pretónica (exemplos: avĩir, gẽeraçón, lũar, nomẽados) ou postónica (exs. órfãa, oucíãao ‘océano’, sávãas).
  • Casos de posíbel xeración dunha consoante nasal na marxe silábica posnuclear: en posición interior (exemplo: mẽeziña) e final de palabra (exemplos: arções, barregãa, bẽes, prijũes, solirgiãaes, vilão).
  • Casos de desenvolvemento xeneralizado de consoante nasal velar na marxe silábica posnuclear (exemplos: algũu, consũu, densũu, hũu, nengún/nehún, sõo ‘primeira persoa do presente do verbo ser’).
  • Casos de posíbel xeración de consoante nasal na marxe silábica prenuclear, ben palatal (exemplos: Agostiño, contiña, conviña, teña), ben velar (exemplos: algũa, hũa, nengũa/nehũa).
  • Casos de desenvolvemento do grupo consonántico [ŋg] (exemplo: enader ‘engadir’).

Usos noutras linguas editar

O til no IPA editar

No Alfabeto Fonético Internacional pode ter distintos significados segundo a súa posición:

Usos non lingüísticos editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para til.
  2. Erichsen, Gerald. "Where did the Ñ come from?". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2014. Consultado o 4 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar