Tierra Gallega (A Coruña)

Tierra Gallega foi un periódico editado na Coruña entre 1903 e 1917. Tivo unha segunda etapa en 1933.

Tierra Gallega
Lingualingua castelá
LocalidadeA Coruña
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Diario republicano que apareceu o 1 de setembro de 1903[1], órgano do partido republicano da Coruña continuador de El Combate[2] e portavoz do republicanismo en Galicia.[3] Foron os seus directores Eladio Fernández Diéguez e Adolfo Lahorra (1910[4]-1914[5]). Antonio Carballo Tenorio foi un dos redactores e entre os seus colaboradores figuraron Leandro Carré Alvarellos (co pseudónimo "L. de S.") e Antón Villar Ponte.

En 1914 Santiago Casares Quiroga asumiu a dirección do periódico, que defendeu o autonomismo galego, renegando do vello federalismo. Mantivo unha liña neutral ante o conflito da primeira guerra mundial, o que provocou un enfrontamento cos partidarios de que o periódico apoiase os aliados.

Segunda etapa editar

En 1933 a dirección da Organización Republicana Gallega Autónoma acordou editar de novo o xornal. Saíu á luz o 25 de xaneiro con Julio Wonenburger como director[6], aínda que en febreiro aparece como director Avelino López Otero[7]. Non conseguiu consolidarse e pechou o 4 de xuño dese ano.

Notas editar

  1. El Norte de Galicia, 2-9-1903, p. 2.
  2. El Noroeste, 2-9-1903, p. 1.
  3. Durán (1973), p. 33
  4. El Noroeste, 4-5-1910, p. 2.
  5. El Noroeste, 20-1-1914, p. 1.
  6. Alfonso Bozzo, Alfonso (1976). Los partidos políticos y la autonomía en Galicia, 1931-1936. Madrid: Akal. p. 105. ISBN 84-7339-135-7. 
  7. Faro Villalbés, 11-2-1933, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Durán, J.A. (xullo/setembro 1973). "Agrarios del minifundio: los solidarios (1907-1912". REOP (Revista española de la opinión pública) (Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas) (33): 23–110. JSTOR 40181964. 
  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.