Tiempo de silencio

Tiempo de silencio é unha novela en lingua castelá de Luis Martín-Santos, publicada por Seix Barral en 1961.

Tiempo de silencio
Autor/aLuis Martín-Santos
OrixeEspaña
LinguaCastelán
Xénero(s)Novela
EditorialSeix Barral
Data de pub.1961
editar datos en Wikidata ]

A acción transcorre en Madrid en 1949. A partir dun accidente estúpido e das súas consecuencias o autor amosa con ollo irónico o panorama completo dos estratos sociais da cidade. Esta denuncia social vai acompañada dunha renovación estilística que revolucionou o monocorde realismo da novela en lingua castelá da época.

Asunto e tratamento da obra editar

O asunto da obra é unha mestura de relato folletinesco, novela policial e novela social. O que sucede é que o seu tratamento logra conferir á anécdota un amplo alcance existencial. O autor desbota o realismo obxectivista para dar entrada a unha desbordante imaxinación que somete á realidade a unha elaboración metafórica. A ironía e a linguaxe inchada e barroca (cargada, asemade, de intención irónica) son outros trazos relevantes do tratamento.

Denuncia e sátira social editar

O autor sitúa a obra no Madrid dos chamados anos da fame. Describe unha sociedade subdesenvolvida e opresiva, e caracteriza os estratos sociais insistindo no brutal contraste entre elas. Adoptando unha actitude dialéctica, carga contra a burguesía pero sen amosar piedade tampouco cos miserables.

A clase alta editar

Descríbea como unha clase inútil, superficial, satisfeita e que vive de costas á triste realidade da época.

A clase media editar

Presenta unha clase dominada polas arelas de medrar por riba de calquera consideración moral.

A clase baixa editar

Capa ínfima e sufocante onde se dan cita tódalas miserias.

Significación editar

Luis Martín-Santos inicia con esta novela unha nova etapa. Partindo dun monótono realismo social, reivindica cos seus alardes formais os dereitos da literatura como creación e experimentación. Porén, faino ao servizo dunha reflexión existencial, social e histórica ateigada dunha intensa carga crítica. Polos seus procedementos, atópanse nela ecos do Ulysses de James Joyce.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). Literatura española. Ed. Anaya.