O tiburón anguía[1][2][3] (Chlamydoselachus anguineus) é unha das dúas especies existentes de tiburóns da familia dos clamidoseláquidos (Chlamydoselachidae), que se distribúe, ampla pero irregularmente, polos océanos Atlántico e Pacífico.

Tiburón anguía
(Chlamydoselachus anguineus)
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Hexanchiformes
Familia: Chlamydoselachidae
Xénero: Chlamydoselachus
Especie: C. anguineus
Nome binomial
Chlamydoselachus anguineus
Garman, 1884
Distribución do tiburón anguía
Distribución do tiburón anguía

Distribución do tiburón anguía
Gorxa do tiburón anguía. Obsérvese como o primeiro par de fendeduras branquiais é continua a través dela.
Dentes do tiburón anguía.

Esta especie pouco común áchase na plataforma continental exterior e na parte superior do noiro continental, polo xeral cerca do fondo. Presentando varias características primitivas, coinsidérase como un fósil vivente.

Alcanza unha lonxitude de até 4 m e corpo, de cor parda escura, parecido ao duna anguía.

As aletas pectorais son curtas e arredondadas. A aleta dorsal única, pequena, está colocada moi atrás, fronte á aleta anal, e ten a marxe arredondada. As aletas pélvicas a a anal son grandes e arredondadas. A aleta caudal é moi longa e de fotrma máis ou menos triangular, sen un lóbulo inferior ou unha incisura ventral no lóbulo superior.[4]

Presenta un par de pregas de pel grosa ao longo do ventre, de función desconocida, separadas por sucos.[4]

Descrición editar

As principais caracteísticas desta especie son:[2]

  • Corpo moi alongado e cilíndrico, como o da anguía, algo comprimido na parte posterior, con quillas prominentes no ventre.
  • Cabeza con seis fendeduras branquiais separadas por septos saíntes e coas parte inbferior fda primeira conectando coa correspoindente do outro lado da gorxa.
  • Ollos laterais, sen membrana nictitante.
  • Fociño extremadamente curto e truncado.
  • Boca terminal moi grande, con dentes dispostos en varias fileiras en ambos os dous maxilares; os dentes non están serrados, e presentan tres cúspides principais e dous dentículos máis pequenos en cada un deles.
  • Unha soa aleta dorsal.
  • Cor parda escura en todo o corpo, cunha liña máis escura ao longo do lombo, máis ou menos visíbel.

Historia natural editar

  • Mesopeláxico ou bentónico, vive sobre fondos entre os 200 e os 1 100 m de profundidade.
  • Aliméntase de peixes.
  • Ovovivíparo con ovos grandes que, despois dunha xestación de 1 a 2 anos, producen camadas de 4 a 12 crías que miden ao nacer uns 60 cm.[2]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) avaliou esta especie como NT (medianamente ameazada), xa que dada a súa taxa de reprodución moi baixa, e aínda que no ten interese comercial, as capturas accidentais poden chegar a esgotar a súa poboación.[4]

Notas editar

  1. Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 31.
  2. 2,0 2,1 2,2 Rodríguez Villanueva et al. (1992), p.42.
  3. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  4. 4,0 4,1 4,2 Paul, L. e Fowler, S. (2003): Chlamydoselachus anguineus na Lista Vermella da IUCN. Versión 2021-3 (en inglés) Cosultada o 1/03/2022.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Allen, Thomas B. (1999): The Shark Almanac. Nova York: The Lyons Press. ISBN 1-55821-582-4.
  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Taxonomía e características editar

Vídeo editar