Tiberius Cornelis Winkler

paleontólogo neerlandé

Tiberius Cornelis Winkler 28 de maio de 1822 en Leeuwarden, e finado o 4 de abril de 1897 en Haarlem, foi un anatomista, zoólogo e historiador natural neerlandés.

Infotaula de personaTiberius Cornelis Winkler
Biografía
Nacemento28 de maio de 1822
Leeuwarden
Morte4 de abril de 1897
Haarlem
Datos persoais
País de nacionalidadeneerlandesa
Formación profesionalMedicina
EducaciónEscola de cirurxiáns de Harlem
Actividade
Ocupaciónanatomía, zooloxía, historia natural
EmpregadorMuseo de Teyler
LinguaVolapük Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Winkler naceu en Leeuwarden, capital de Frisia. Alí asistiu á escola primaria até que cumpriu ou 12 ou 13 anos. Posteriormente seu pai enfocou a educación do seu fillo no comercio de grans. Winkler usou o seu salario para poder sufragar a súa educación en francés, alemán e, posteriormente, inglés. O desexo de autoeducación e autodisciplina foron calidades características de Winkler durante toda a súa vida.

Winkler casou en 1844 e comezou a estudar medicina para cheggar a ser cirurxián. En 1850 Winkler mudouse a Haarlem coa súa esposa e os seus catro fillos, para comezar a súa educación na escola de cirurxiáns. Graduose dous anos despois e comezou a practicar a medicina en Nieuwediep. O seu primeiro paciente, un pescador, queixábase de que o picara unha faneca brava.

Os seus estudos levérono posteriormente á libraría do museo de Teyler en Haarlem, e os seus seguientes artigos sobre a faneca brava no popular diario Album der Natuur covertérono nun experto en peixes. No museo despertouse o seu interese na paleontoloxía e a xeoloxía. O conservador do musero, o profesor Van Breda, animouno a analizar os fósiles de peixes da colección do museo. Debido a isto, a carreira de Winkler viuse impulsada, e os seus traballos foron publicados en 'Verhandelingen da sociedade de Teyler en 1859.[1]

Winkler foi o segundo conservador das secións de xeoloxía, paleontoloxía e mineraloxía do Museo de Teyler. As súas achegas non só inclúen a tradución da primeira edición de A orixe das especies de Charles Darwin (1860), senón que tamén publicou unha gran cantidade de escritos para popularizar a ciencia, e en especial, as ciencias naturais.

O seu traballo continuou co estudo dos fósiles de peixes da calcaria de Solnhofen en Alemaña, para completar o catálogo da colección de fósiles de peixes do museo. Isto impresionou ao director do museo, que impulsou a Winkler a realizar o mesmo proceso para outras coleccións del museo. Un ano despois terminou o catálogo, a pesar de que foi forzado a traballar en condicións insalubres durante a súa práctica médica.

En 1864 foi proposto como conservador do Gabinete de Paleontoloxía e Mineraloxía del museo, posto que ocupou até a súa morte en 1897. Winkler comezou inmediatamente a traballar na colección completa de fósiles do museo, que nese momento estabas desorganizada e sen documentar. Seguindo o consello de Pieter Harting, naturalista de Utrecht, Winkler aplicou un sistema numérico dividido por eras: Paleozoico, Mesozoico e Cenozoico, e ordenados de «alto» a «baixo». Este sistema, e o modo en que foi aplicado, demostrou a influencia da teoría da evolución de Charles Darwin. Winkler completou o catálogo en 1896, e publicou seis volumes e cinco suplementos, documentando un total de 15 458 fósiles. Winkler tamén catalogou a colección de minerais do museo.

Publicacións editar

Winkler foi un fomentador active da ciencia. Escribiu máis de 100 artigos, moitos deles co propósito de educar ao público xeral. Muoitos destes artigos apareceronn no Album der Natuur (Álbum da natureza).

Igualmente, Winkler traduciu numerosos traballos científicos ao neerlandés. Os máis famosos foron A orixe das especies de Charles Darwin, que foi publicado en neerlandés un ano despois da sú publicación en inglés en 1859.[2]

Winkler tamén se coñeceu como defensor da teoría da evolución, até o gro de non permitir o cuestionamiento da posición do home na cadea evolutiva.[3]

Winkler tamén foi un defensor do volapük, unha lingua inventada polo sacerdote católico Johann Martin Schleyer.

Abreviatura editar

A abreviatura Winkler emprégase para recoñecer a Tiberius Cornelis Winkler como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. Veen, Joop C. van (2007): "Tiberius Cornelis Winkler 100 jaar geleden overleden", en: Teylers Museum Magazijn 7, 9-12.
  2. Teyler, Winkler, Darwin Arquivado 14 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Lecture by Marijn van Hoorn MA en el congreso botánico europeo and Horticultural Libraries Group, Prague, April 23, 2009
  3. Besselink, Marijke. "Winkler? Nooit van Gehoord", en: Teylers Museum Magazijn 7 (2007), 7-8.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar