Thomas Heurtel

baloncestista francés

Thomas Heurtel, nado o 10 de abril de 1989 en Béziers, é un xogador profesional de baloncesto francés que xoga no Zenit San Petersburgo da VTB United League. Cunha estatura de 1,89 metros xoga na posición de base.

Thomas Heurtel
Zenit San Petersburgo  – No. 13
Información persoal
Nacemento 10 de abril de 1989 (35 anos)
Languedoc-Roussillon Béziers, Languedoc
Nacionalidade Francia
Altura 1,89 m (6 ft 2.5 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Posición Base
Información da carreira
Carreira dende 2007
Historial de equipos
EB Pau-Orthez (2007–2009)
Strasbourg IG (2009–2010)
CB Lucentum Alicante (2010–2011)
Laboral Kutxa (2011–2014)
Anadolu Efes (2014–2017)
FC Barcelona (2017−2021)
ASVEL Basket (2021)
Real Madrid (2021−2022)
Zenit San Petersburgo (2022−presente)

Traxectoria profesional editar

Heurtel comezou coma profesional no Élan Béarnais Pau-Orthez, e xogou no primeiro equipo do club durante dúas tempadas. Na tempada 2008-09 da liga francesa, gañou o premio ó xogador revelación da liga.

Un ano máis tarde, tras o descenso do Pau-Orthez, asinou co ASVEL Lyon-Villeurbanne,[1] pero xogou cedido no Strasbourg IG. No verán de 2010 deixou Francia para fichar polo Lucentum Alicante da Liga ACB.[2]

En 2011, Heurtel fichou polo Caja Laboral, equipo co cal debutou na Euroliga.[3]

En decembro de 2014, antes do comezo do Top 16 da Euroliga 2014-15, asinou polo Anadolu Efes turco.[4]

Notas editar

  1. Heurtel et Kangur à l'ASVEL Arquivado 25 de outubro de 2014 en Wayback Machine. L'Équipe. 22 de xullo de 2009
  2. Thomas Heurtel, savia nueva para el Meridiano. Arquivado 19 de xuño de 2011 en Wayback Machine. ACB.com 22 de xullo de 2010
  3. Thomas Heurtel, talento rumbo a Vitoria. Solobasket. de xuño de 2011
  4. Thomas Heurtel se desvincula de Laboral Kutxa Baskonia; Baskonia, 27 de decembro de 2014

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar