Thomas Couture

pintor francés

Thomas Couture, nado o 21 de decembro de 1815 e finado o 30 de marzo de 1879, foi un influente pintor e profesor francés.

Infotaula de personaThomas Couture

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1815 Editar o valor em Wikidata
Senlis, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte30 de marzo de 1879 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Villiers-le-Bel, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 4 48°51′39″N 2°23′30″L / 48.860722, 2.391602
Grave of Thomas Couture (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaThomas Couture's house (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónÉcole Nationale Supérieure d'Arts et Métiers (pt) Traducir
Escola Nacional Superior de Belas Artes Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , mestre Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPintura de historia Editar o valor em Wikidata
MovementoAcademicismo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAntoine-Jean Gros e Paul Delaroche (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosÉdouard Manet, François-Alfred Delobbe (pt) Traducir, Hippolyte Ribbrol (pt) Traducir, Henri Fantin-Latour, Pierre Puvis de Chavannes, Louis Dauvergne (pt) Traducir, Joseph-Auguste Rousselin (pt) Traducir, André Bressin (pt) Traducir, Charles Édouard Armand-Dumaresq (pt) Traducir, Charles-Alexandre Coëssin de la Fosse (pt) Traducir, Gustave-Henri Colin (pt) Traducir, Auguste-Aristide-Fernand Constantin (pt) Traducir, Charles Monginot (pt) Traducir, Achille Sirouy (pt) Traducir, Christian Carl Magnussen (pt) Traducir, Auguste Marie Boulard (pt) Traducir, Jules Chardigny (pt) Traducir, Édouard Charles Hugot (pt) Traducir, Édouard Lièvre (pt) Traducir e Auguste Bachelin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaAlice Ozy (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 6160 Editar o valor em Wikidata
Les Romains de la décadence.

Traxectoria editar

Couture naceu en Senlis Oise, Francia, aos once anos de idade, mudouse coa súa familia á cidade de París onde estudaría na École nationale supérieure d'arts et métiers e máis tarde na École des Beaux-Arts. En 1837 gañou o premio Prix de Rome, outorgado polo seu colexio, despois de optar a el en seis ocasións.

En 1840, comezou a expor diferentes pinturas históricas e de xénero no Salon de Paris, séndolle outorgadas varias medallas, en particular pola súa obra mestra presentada en 1847, "Les Romains de la décadence." Pouco tempo despois, Couture abriu un estudo de seu, co fin de desafiar á École des Beaux-Arts.

As innovacións técnicas de Couture obtiveron grandes atención por parte do público, recibindo encargos do Goberno e da Igrexa para realizares murais. Decepcionado polo frío recibimento dos seus murais, en 1860 decidiu deixar París por unha tempada, establecéndose de novo na súa vila natal, Senlis, onde seguiu dando clases a novas promesas da pintura. En 1867 volveu a desafiar á academia publicando un libro sobre métodos de ensinanza e técnicas elaboradas por el mesmo.

Ao longo da súa vida, Couture tivo como alumnos a personalidades do mundo da arte coma Edouard Manet, Henri Fantin-Latour, e Pierre Puvis de Chavannes.

Preguntado por unha editorial para editar unha biografía de seu, Thomas Couture respondeu: "A biografía é a exaltación da personalidade --- e a personalidade é o tormento do noso tempo."

Thomas Couture morreu en Villiers-le-Bel, Val-d'Oise e foi soterrado no cemiterio do Père-Lachaise, París.

Ligazóns externas editar