Thomas Campbell Eyton

ornitólogo e ictiólogo inglés

Thomas Campbell Eyton, nado o 10 de setembro de 1809 en Eyton Hall, preto de Wellington, condado de Shropshire, Inglaterra, e finado o 25 de outubro de 1880, foi un naturalista británico especializado en aves, peixes e animais de gando. Foi compañeiro de estudos na Universidade de Cambridge, e amigo, de Charles Darwin, aínda que estaba en desacordo coas súas teorías.[1]

Infotaula de personaThomas Campbell Eyton
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1809
Eyton Hall, Shropshire, Inglaterra
Morte25 de outubro de 1880
Shropshire Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadebritánica
EducaciónSaint John's College (Universidade de Cambridge)
Actividade
Campo de traballoHistoria natural e Ornitoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónornitoloxía, ictioloxía e gandaría
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaEyton Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElizabeth Frances
FillosAlice Emily Eyton (en) Traducir, Thomas Slaney Eyton (en) Traducir, Katharine Anne Eyton (en) Traducir, Robert Henry Eyton (en) Traducir, Frances Julia Eyton (en) Traducir, Elizabeth Charlotte Eyton (en) Traducir, Rose Mary Eyton (en) Traducir, Mary Elizabeth Eyton (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisThomas Eyton  e Elizabeth Campbel
Premios
Membro da Sociedade Linneana de Londres
Membro da Sociedade Zoolóxica de Londres

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Thomas C. Eyton naceu en Eyton Hall, cerca de Wellington, Shropshire. Estudou no Saint John's College daa Universidade de Cambridge,[2] onde foi contemporáneo e amigo de Charles Darwin.

En 1835 Eyton casou con Elizabeth Frances Slaney, filla máis vella e coherdeira do parlamentario Robert Aglionby Slaney. Tiveron sete fillos.[3] Elizabeth faleceu dez anos antes que o propio Eyton.[4]

En 1855, tras herdar a propiedade familiar de Eyton Hall, construíu alí un Museo de Historia Natural.

Carreira profesional editar

Eyton publicou History of the Rarer British Birds (1836), A Monograph on the Anatidae, Or Duck Tribe (1838), A History of Oyster and Oyster Fisheries (1858) e Osteologia Avium (1871–78). Ao redor de 1842, fundou a colección "Herd Book of Hereford Cattle" (Libros do gando Hereford), que editaría até 1860.[2]

Foi xuíz de paz e Deputy Lieutenant do condado de Shropshire.[4]

En 1830 ingresou na asociación South Salopian Yeomanry Cavalry co grao de corneta, e foi ascendido a tenente en 1838.[5]

Obra editar

Algunhas publicacións editar

  • Osteologia avium. Williams & Norgate, Londres 1873–1875. (2º Suplemento a Osteologia avium.)
  • Notes on Scent. Hobson, Wellington 1870.
  • Supplement to Osteologia avium. Wellington 1869. (1º Suplemento a Osteologia avium.)
  • A synopsis on the Anatidæ or Duck tribe. Hobson, Wellington 1869.
  • A history of the oyster and the oyster fisheries. van Voorst, Londres 1858.
  • A catalogue of the skeletons of birds in his possession. Londres 1858.
  • Osteologia avium. Hobson, Wellington 1858–1867.
  • A catalogue of the species of birds in his possession. Hobson, Wellington 1856.
  • Some account of a dredging expedition on the Coast of the Isle of Man during the months of May, June, July and August 1852. Londres 1852.
  • The Herd book of Hereford Cattle. Londres 1846–1853.
  • A lecture on artificial or condensed manures. Wellington 1843.
  • A monograph on the Anatidæ or Duck tribe. Londres 1838.
  • A history of the rarer British birds. Longmans, Rees, Orme, Brown, Green & Houlstons, Londres 1836.

Abreviatura editar

A abreviatura Eyton emprégase para recoñecer a Thomas Campbell Eyton como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. Darwin, Charles; Gillian Beer (1998). The Origin of Species. Oxford University Press. p. 400. ISBN 0-19-283438-X. Consultado o 8 de decembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Eyton, Thomas Campbell". Universidade de Cambridge. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2021. Consultado o 09 de decembro de 2019. 
  3. "Thomas Campbell Eyton correspondence". American Philosophical Society. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "Obituary: Thomas Campbell Eyton". Londres: The Times. 29 de outubro de 1880. p. 6. 
  5. Gladstone, E. W. (1953). The Shropshire Yeomanry 1795-1945, The Story of a Volunteer Cavalry Regiment. The Whitethorn Press. pp. 38–42. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar