Thin Lizzy é unha banda de rock irlandesa formada en Dublín en 1969. A banda orixinalmente foi liderada polo cantante, baixista e compositor Phil Lynott. A banda é mellor coñecida pola súa canción "The Boys Are Back In Town", todo un clásico da historia do rock.

Thin Lizzy
Thin Lizzy tocando ao vivo en 1977
OrixeDublín, Irlanda
Período1969–1983; 1996–2000; 2004–presente
Xénero(s)Hard rock, blues rock, heavy metal
Selo(s) discográfico(s)Decca Records
MembrosJohn Sykes
Scott Gorham
Francesco Di-Cosmos
Tommy Aldridge
Na rede
www.thinlizzyonline.com
IMDB: nm2277482 Facebook: ThinLizzyOfficial Twitter: thinlizzy_ Instagram: thinlizzy Youtube: UCvBfm-GXTovLlApGVPfsP4g Souncloud: thinlizzyofficial Spotify: 6biWAmrHyiMkX49LkycGqQ iTunes: 79217 Last fm: Thin+Lizzy Musicbrainz: 6a726ac6-019e-455c-8bbb-571a77bed52e Songkick: 531361 Discogs: 136188 Allmusic: mn0000590479 Deezer: 2139 Genius: Thin-lizzy Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O crítico John Dugan escribiu que mentres a banda cobraba forza, Lynott era aínda máis intelixente e profundo á hora de escribir as cancións, preferindo temas baseados nas clases sociais, dramas de amor e odio, influído por Bob Dylan, Van Morrison, Bruce Springsteen e pola literatura irlandesa. Nunha entrevista a Phil Lynott, este asegurou que a súa maior influencia foi Van Morrison. A música cubriu moito territorio, incluído o country e o folclore, pero xeralmente considéraselles como unha banda de heavy metal ou hard rock.

Aínda que bandas anteriores xa usaban técnicas similiares, Thin Lizzy caracterizábanse por ser dos primeiras bandas de hard rock en utilizar dúas guitarras melódicas á vez, unha técnica pioneira por Wishbone Ash no Reino Unido, mentres que tamén era utilizado por Lynyrd Skynyrd nos Estados Unidos. Esta técnica foi refinada máis tarde e popularizada por bandas emerxente da nova onda no Reino Unido, como Judas Priest e Iron Maiden especialmente. Estes últimos particularmente eloxiaron moito a Thin Lizzy ao longo da súa carreira, ata tocaron unha versión da súa canción "Massacre". Exemplos deste duelo de guitarras en harmonía pódense escoitar perfectamente na canción "The Boys Are Back In Town" e "Cowboy Song" do álbum "Jailbreak".

Lynott é un dos poucos homes negros que tiveron éxito notable no rock, e demostrou que un home negro tamén pode triunfar no rock, como xa o fixese anteriormente Jimi Hendrix. Actualmente quizais o cantante negro de rock máis coñecido é Lenny Kravitz.

Historia editar

O grupo foi fundado a finais de 1969 en Dublín (Irlanda), por Phil Lynott, o guitarrista Eric Bell, o organista Eric Wrixon e o batería Brian Downey. Wrixon foise en 1970, e cansados das poucas posibilidades de éxito en Dublín, o grupo foise a Londres en 1971.

Asinando un contrato con Decca Records, o primeiro éxito de Thin Lizzy chegou en 1973, con "Whiskey in the Jar", unha versión dunha tradicional canción irlandesa. Metallica logrou un éxito aínda maior coa súa versión particular desta canción en 1998, gañando ata un Grammy en 1999.

Con todo, o grupo inicialmente tivo problemas alcanzando o éxito con esta canción, e un decepcionado Bell deixou o grupo. A súa substitución inicial foi Gary Moore, ao que xa coñecía Lynott anos atrás na banda Skid Row. Máis tarde, reagrupáronse e recrutaron a Scott Gorham e Brian Robertson como guitarristas, dando o son definitivo á banda.

"Fighting" (1975) foi o seu primeiro álbum con éxito. Con todo, o seu seguinte disco, "Jailbreak", foi un éxito total, con cancións como "Jailbreak" e "The Boys Are Back In Town", o seu maior éxito e a súa canción máis recordada.

Robertson deixou o grupo en 1978, e foi substituído por Gary Moore. Entón houbo unha substitución de guitarristas, quedándose con só tres membros, Lynott, Gorham e Downye. Mantiveron aos seus fans, con todo Thin Lizzy xa non alcanzou tantos éxitos como anos atrás.

Lynott morreu en xaneiro de 1986, vítima do abuso coas drogas e o alcohol. No verán do mesmo ano, a banda reuniuse dando un concerto en Dublín con Bob Geldof cantando en lugar do falecido Lynott.

Os membros que quedan de Thin Lizzy volvéronse a reunir en 1999 para unha xira por Europa e un disco en directo. Tendo unha xira xunto a Deep Purple nos Estados Unidos en 2004, Thin Lizzy estiveron ata 2006 tocando polo Reino Unido e Irlanda. Volverán de xira con Deep Purple en 2007 polo Reino Unido. Con todo, non teñen plans para gravar un novo disco.

Orixe do nome da banda editar

Hai polo menos tres versións sobre a orixe do nome de Thin Lizzy. Non hai ningunha declaración de ningún membro da banda que confirme nada, así que todo queda en simples especulacións.

A versión máis popular describe como o guitarrista Eric Bell, que era fan de John Mayall's Bluesbreakers, comprou unha copia do cómic "The Dandy" logo de ver a portada de "Bluesbreakers with Eric Clapton", na que Eric Clapton aparecía lendo un exemplar desta publicación. Bell quedou co nome Tin Lizzie, o nome dun robot, un personaxe deste cómic, que acabou no nome da banda, Thin Lizzy.

Unha segunda versión conta que o nome da banda foi collido do nome con que se coñecía ao coche Model T Ford.

E unha terceira versión suxerida por Jim Fitzpatrick, que foi amigo de Phil Lynott e produciu os deseños artísticos da banda, asegura que Phil Lynott inspirou o nome da banda tras coñecer a unha moza, cuxo nomee era Liz Igoe, e que lle engadiu o Tin porque quedaba mellor.

Discografía editar

Discos de estudo editar

  • Thin Lizzy (1971)
  • Shades of a Blue Orphanage (1972)
  • Vagabonds of the Western World (1973)
  • Nightlife (1974)
  • Fighting (1975)
  • Jailbreak (1976)
  • Johnny the Fox (1976)
  • Bad Reputation (1977)
  • Black Rose: A Rock Legend (1979)
  • Chinatown (1980)
  • Renegade (1981)
  • Thunder and Lightning (1983)

Discos en directo editar

  • Live and Dangerous (1978)
  • Life (1983)
  • BBC Radio One Live in Concert (1994)
  • The Peel Sessions (1994)
  • Boys Are Back in Town: Live in Australia (1999)
  • One Night Only [live] (2000)