There Will Be Blood

filme de 2007 dirixido por Paul Thomas Anderson

There Will Be Blood é un filme estadounidense escrito e dirixido por Paul Thomas Anderson que se estreou no 2007. Está protagonizado por Daniel Day-Lewis e Paul Dano. O filme foi inspirado pola novela de Upton Sinclair Oil!. Conta a historia dun mineiro que se converte en petroleiro (Day-Lewis) e a súa procura de riqueza durante o boom do petróleo no sur de California a finais do século XIX e comezos do XX. Kevin J. O'Connor, Ciarán Hinds e Dillon Freasier tamén aparecen no filme.

There Will Be Blood
Ficha técnica
Título orixinalThere Will Be Blood
DirectorPaul Thomas Anderson
ProdutorJoAnne Sellar
Paul Thomas Anderson
Daniel Lupi
GuiónPaul Thomas Anderson
Baseado enOil! de Upton Sinclair
IntérpretesDaniel Day-Lewis
Paul Dano
Kevin J. O'Connor
Ciarán Hinds
Dillon Freasier
MúsicaJonny Greenwood
FotografíaRobert Elswit
MontaxeDylan Tichenor
EstudioGhoulardi Film Company
DistribuidoraParamount Vantage
Miramax Films
EstreaFantastic Fest: 27 de setembro de 2007
26 de decembro de 2007
Duración158 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$25 000 000
Recadación$76 200 000
Na rede
https://www.miramax.com/movie/there-will-be-blood/
IMDB: tt0469494 Filmaffinity: 531158 Allocine: 109788 Rottentomatoes: m/there_will_be_blood Mojo: therewillbeblood Allmovie: vm2272118 TCM: 649228 Metacritic: movie/there-will-be-blood TV.com: movies/there-will-be-blood Editar o valor em Wikidata

There Will Be Blood recibiu a aclamación do público, louvando especialmente a actuación de Day-Lewis como Daniel Plainview. Outras cualidades do filme, como a súa fotografía, a dirección e o guión tamén foron ben acollidas e recibiron premios e nomeamentos. O filme foi nomeado a oito premios na 80ª edición dos Oscar, gañando o Oscar ó mellor actor para Day-Lewis e á mellor fotografía para Robert Elswit.[1]

There Will Be Blood está amplamente considerado como un dos grandes filmes da década de 2000, e está entre os postos máis altos dos mellores filmes do século XXI segundo as enquisas Sight & Sound do British Film Institute.[2]

Personaxes editar

Notas editar

  1. Metacritic (ed.). "Critics Pick the Best Movies of the Decade - Metacritic". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 07 de abril de 2017. 
  2. "There Will Be Blood". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2016. Consultado o 07 de abril de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar