Theodore Kaczynski

matemático, anarquista e terrorista estadounidense


Theodore John Kaczynski, nado en Chicago (Illinois) o 22 de maio de 1942, e finado o 10 de xuño de 2023, máis coñecido co alcume de Unabomber, foi un matemático, filósofo, neoludita e terrorista estadounidense, que se dedicou á fabricación e envío de cartas e paquetes bomba, motivado e influenciado por un pensamento crítico da sociedade actual.[1]

Infotaula de personaTheodore Kaczynski

(1996) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Theodore John Kaczynski Editar o valor em Wikidata
22 de maio de 1942 Editar o valor em Wikidata
Evergreen Park, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xuño de 2023 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Federal Medical Center, Butner, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesUnabomber
ResidenciaLincoln (pt) Traducir (1971–)
Unabomber's cabin (en) Traducir (1971–)
Lombard (pt) Traducir (1969–1971)
Chicago (1942–)
Evergreen Park (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPolish Americans (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo verde (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Relixiónateísmo
EducaciónUniversidade de Míchigan - Análise funcional (1962–1967)
Universidade Harvard - matemáticas (1958–1962)
Evergreen Park Community High School District 231 (en) Traducir
Eliot House (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseAllan Shields (pt) Traducir e Allen Shields (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porManifesto Unabomber
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTerrorismo e Anarquismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , domestic terrorist (en) Traducir , terrorista , ecoloxista , escritor , filósofo , anarquista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de California en Berkeley (1967–1969) Editar o valor em Wikidata
Movementoanarquismo, anarcoprimitivismo
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
PaisEl momo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Wanda Dombek (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsDavid Kaczynski
Condenado porasasinato (1996)
→ (life imprisonment without the possibility of parole (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1535155 Musicbrainz: 2855a9c6-8646-4c44-baa2-27d1f88cbe20 Discogs: 1068374 WikiTree: Kaczynski-9 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ted Kaczynski amosou grandes capacidades intelectuais dende unha curta idade. Kaczynski graduouse na Universidade de Harvard, obtendo posteriormente un doutoramento en matemáticas pola Universidade de Míchigan. Ao rematar a súa formación académica, comezou a exercer como profesor asociado na Universidade de Berkeley á idade de 25 anos no ano 1967, ata a súa dimisión dous anos máis tarde.

Tras a súa dimisión en Berkeley, Kaczynski mudouse en 1971 a Lincoln, Montana para vivir nunha cabana artesá feita por el mesmo, a cal carecía de electricidade e auga corrente. En 1978 comezou a fabricar bombas, que enviou a distintos obxectivos empregando o Servizo Postal dos Estados Unidos. A súa actividade terrorista durou dende o 1978 ata a súa detención en 1995. Os obxectivos principais de Kaczynski eran universidades e aeroportos. Atentar contra un avión está contemplado como delito federal nos EUA, polo que o caso pasou a mans do FBI, que o nomeou baixo o acrónimo UNABOMB (do inglés University and Airline Bomber)

Manifesto Unabomber editar

 
Theodore Kaczynski tras a súa detención

En 1995, Kaczynski escribiu un manifesto denotando os seus principios, titulado A sociedade industrial e o seu futuro. O manifesto foi enviado ao New York Times e o Washington Post baixo o pseudónimo de FC (Freedom Club). No ensaio, amosa o seu descontento coa sociedade tecnolóxica actual, produto da Revolución Industrial, argumentando que a tecnoloxía supón un obstáculo para a liberdade humana. Kaczynski solicitou a publicación íntegra do seu manifesto a cambio de poñer fin á súa actividade terrorista.

Despois de deliberalo, ambos os dos xornais decidiron publicar o manifesto completo, que na cultura popular pasou a coñecerse baixo o alcume de Manifesto Unabomber. Ao mesmo tempo, as autoridades pediron a colaboración cidadá para a súa detención, esperando que algunha persoa recoñecese o xeito de escribir de Ted.

O seu irmán David Kaczynski recoñeceu no manifesto diversas expresión propias do seu irmán e púxose en contacto coas autoridades. Theodore Kaczynski foi detido na súa cabana en Montana o 3 de abril de 1996. No interior, o FBI atopou varios compoñentes para construír bombas así como unha bomba xa preparada, un xornal de 40.000 páxinas con experimentos detallados e descricións dos crimes de Unabomber e o que semellaba ser o manuscrito orixinal do Manifesto Unabomber.

Kaczynski foi condenado a 8 cadeas perpetuas sen posibilidade de liberdade condicional. No momento da súa morte, estaba retido no ADX Florence, un centro penitenciario de máxima seguridade no condado de Freemont, Colorado, cumprindo a súa condena.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.