Theodor Benfey, nado o 28 de xaneiro de 1809 e finado o 26 de xuño de 1881, foi un filólogo alemán.

Infotaula de personaTheodor Benfey

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1809 Editar o valor em Wikidata
Nörten-Hardenberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xuño de 1881 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Gotinga Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoIndologia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilólogo , profesor universitario , tradutor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Gotinga Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosJosef Budenz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá, lingua inglesa e Lingua sánscrita Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsRudolf Benfey (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Naceu nunha familia de comerciantes xudeus en Nötrn, nas proximidades de Gotinga, seu pai instruiuno na lingua hebrea, estudou filoloxía clásica na Universidade de Gotinga e pasou un ano en Múnic, onde quedou impresionado coas leccións de Schelling e Thiersch, e despois estableceuse como profesor en Frankfurt. En Gotinga, onde volvera para dar clases, escribiu un pequeno ensaio e publicou de 1839 ata 1842 o Griechisches Wurzellexikon. A partir da década dos corenta a súa atención centrouse no sánscrito, en 1848 publicou unha edición do Samaveda, Die Hymnen des Sâma Veda. En 1852-1852 publicou o Handbuch der Sanskritsprache, un completo manual do sánscrito, que incluía unha gramática, e en 1858 publicou unha gramática práctica desa lingua. En 1859 deu ó prelo unha edición do Panchatantra, Pantschatantra. Fünf Bücher indischer Fabeln, Märchen und Erzählungen. En 1866 publicou o seu monumental Sanskrit-English Dictionary.