Theodosia Burr Goodman, nada en Cincinnati (Ohio) o 29 de xullo de 1885 e finada nos Ánxeles (California) o 7 de abril de 1955 foi unha actriz estadounidense coñecida como Theda Bara.

Infotaula de personaTheda Bara

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Theodosia Burr Goodman Editar o valor em Wikidata
29 de xullo de 1885 Editar o valor em Wikidata
Cincinnati, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte7 de abril de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Os Ánxeles (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de estómago Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Cincinnati (en) Traducir
Walnut Hills High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema , actriz de teatro , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1914 Editar o valor em Wikidata - 1926 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCharles Brabin (1921–1955) Editar o valor em Wikidata
IrmánsLori Bara (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0000847 Allocine: 69376 Rottentomatoes: celebrity/theda_bara Allmovie: p3781 TCM: 710366 IBDB: 30828
WikiTree: Goodman-5563 Find a Grave: 1993 Editar o valor em Wikidata

Bara foi unha das actrices máis populares do cinema mudo e unha das primeiras sex symbols[1] do cinema anterior ao código de produción. Os seus papeis de femme fatale valéronlle o alcume de The Vamp, abreviatura de vampire ("vampiresa"). Bara traballou en máis de corenta filmes entre 1914 e 1926, pero a maioría desapareceron nun incendio en 1937. Tralo seu matrimonio con Charles Brabin en 1921, actuou en dous filmes e retirouse en 1926, sen aparecer nunca nun filme sonoro.

Traxectoria editar

Nada no barrio de Avondale, Cincinnati, o seu pai era Bernard Goodman (1853–1936),[2] un próspero xastre xudeu nado en Polonia. A súa nai, Pauline Louise Françoise de Coppett (1861–1957), naceu en Suíza.[3] Bernard e Pauline casaron en 1882 e tiveron outros dous fillos, Marque Marque (1888–1954)[4] e Esther (1897–1965),[2] que tamén foi actriz co nome artístico de Lori Bara e casou co londiniense Francis W. Getty en 1920.

Bara graduouse no instituto en 1903 e asistiu á Universidade de Cincinnati durante dous anos, tras os que comezou a actuar en producións teatrais. Tras mudarse a Nova York en 1908, debutou en Broadway en The Devil (1908).

A maioría dos primeiros filmes de Bara filmáronse na costa leste, especialmente en Fort Lee, Nova Jersey.[5] O ascenso de Hollywood como centro da industria cinematográfica estadounidense levouna a marchar aos Ánxeles para rodar Cleopatra (1917), que foi o seu maior éxito. Aínda que non se conserva o filme si existen moitas fotografías de Bara vestida como Cleopatra.

 
Bara en Cleopatra (1917)

Entre 1915 e 1919, Bara foi a maior estrela do estudio Fox, pero cansa de interpretar sempre o papel de vampiresas deixou expirar o seu contrato de cinco anos. A súa carreira esmoreceu sen o apoio da Fox e tras The Lure of Ambition (1919) non interveu en ningún filme ata The Unchastened Woman (1925) para Chadwick Pictures Corporation. Bara retirouse tras rodar un último filme, a curtametraxe cómica Madame Mystery (1926), producida Hal Roach e dirixida por Stan Laurel, na que parodiaba a súa imaxe de vampiresa.

No cumio da súa fama Bara gañaba 4000 dólares á semana. Para ampliar a súa imaxe exótica, durante a promoción de Cleopatra os publicistas de Fox Studio notaron que o seu nome artístico era un anagrama de Arab death (“morte árabe”) e os seus axentes de prensa afirmaron que era "a filla dun xeque árabe e unha muller francesa, nada no Sahara."[6] Ese mesmo ano a familia Goodman cambiou legalmente o seu apelido por Bara.[7] En 1921 casou co director Charles Brabin en 1921.

Faleceu o 7 de abril de 1955 vítima dun cancro de estómago e foi enterrada co nome de Theda Bara Brabin en Glendale (condado dos Ánxeles).

Filmografía editar

 
 
Ano Filme Papel Notas
1914 The Stain Gang moll Como Theodosia Goodman
1915 Siren of Hell Filme perdido
1915 A Fool There Was The Vamp
1915 The Kreutzer Sonata Celia Friedlander Filme perdido
1915 The Clemenceau Case Iza Filme perdido
1915 The Devil's Daughter La Gioconda Filme perdido
1915 Lady Audley's Secret Helen Talboys Filme perdido
1915 The Two Orphans Henriette Filme perdido
1915 Sin Rosa Filme perdido
1915 Carmen Carmen Filme perdido
1915 The Galley Slave Francesca Brabaut Filme perdido
1915 Destruction Fernade Filme perdido
1916 The Serpent Vania Lazar Filme perdido
1916 Gold and the Woman Theresa Decordova Filme perdido
1916 The Eternal Sapho Laura Bruffins Filme perdido
1916 East Lynne Lady Isabel Carlisle
1916 Under Two Flags Cigarette Filme perdido
1916 Her Double Life Mary Doone Filme perdido
1916 Romeo and Juliet Xulieta Filme perdido
1916 The Vixen Elsie Drummond Filme perdido
1917 The Darling of Paris Esmeralda Filme perdido
1917 The Tiger Woman Princess Petrovitch Filme perdido
1917 Her Greatest Love Hazel Filme perdido
1917 Heart and Soul Jess Filme perdido
1917 Camille Marguerite Gauthier Filme perdido
1917 Cleopatra Cleopatra Consérvanse uns vinte segundos
1917 The Rose of Blood Lisza Tapenka Filme perdido
1917 Madame Du Barry Madame du Barry Filme perdido
1918 The Forbidden Path Mary Lynde Filme perdido
1918 The Soul of Buddha Priestess Filme perdido
1918 Under the Yoke Maria Valverda Filme perdido
1918 Salomé Salomé Filme perdido
1918 When a Woman Sins Lilian Marchard / Poppea Filme perdido
1918 The She Devil Lorette Filme perdido
1919 The Light Blanchette Dumond (Madame Lefresne) Filme perdido
1919 When Men Desire Marie Lohr Consérvanse 17 segundos
1919 The Siren's Song Marie Bernais Filme perdido
1919 A Woman There Was Princess Zara Filme perdido
1919 Kathleen Mavourneen Kathleen Cavanagh Filme perdido
1919 La Belle Russe Fleurett Sackton/La Belle Russe Filme perdido
1919 The Lure of Ambition Olga Dolan Filme perdido
1925 The Unchastened Woman Caroline Knollys
1926 Madame Mystery Madame Mysterieux
1926 45 Minutes from Hollywood Ela mesma Curtametraxe

Notas editar

  1. Classicimages.com (ed.). "Classic Images – Vol. 250 – April 1996 Issue". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 2 de agosto de 2010. 
  2. 2,0 2,1 "Theda makes 'em all Baras," New York Times, 17 de novembro de 1917
  3. [1]
  4. "Marque Bara", Newport Daily News (Newport, Rhode Island), 26 de abril de 1954, p. 2.
  5. Fort Lee: Birthplace of the Motion Picture Industry. Arcadia Publishing. 2006. ISBN 978-0-7385-4501-1. 
  6. [2]"Cleopatra (1917)". The New York Times, Film review. Consultado o 29 de maio de 2011
  7. "Theda Makes 'em All Baras. Actress's Family Join Her in Dropping Name of Goodman". New York Times. 17 de novembro de 1917. Consultado o 20 de xullo de 2008. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar