The Thermals foi unha banda estadounidense de indie rock baseada en Portland, Oregón. O grupo formouse no ano 2002. Con fortes influencias tanto do lo-fi como do rock stándar, as cancións da banda son tamén coñecidas pola súa imaxinería política e relixiosa.[1]

The Thermals
OrixePortland, Oregón,
Período2002-2018
Xénero(s)indie rock, lo-fi, punk rock
Selo(s) discográfico(s)Kill Rock Stars, Saddle Creek, Sub Pop
MembrosHutch Harris
Kathy Foster
Westin Glass
Antigos membrosJordan Hudson
Ben Barnett
Caitlin Love
Lorin Coleman
Joel Burrows
Artistas relacionadosHutch & Kathy, All Girl Summer Fun Band, Forbidden Friends
Na rede
thethermals.com
IMDB: nm2160040 Facebook: thethermals Twitter: thethermals MySpace: thethermals Souncloud: the-thermals Spotify: 4qAJ54O4V0W8SQcSz0bl1C iTunes: 3274410 Last fm: The+Thermals Musicbrainz: 7cd2d860-c6d7-4be2-af50-57c51ee45687 Songkick: 60311 Discogs: 137897 Allmusic: mn0000919418 Deezer: 1362 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

No ano 2002 os antigos compañeiros de banda Hutch Harris e Kathy Foster xuntáronse novamente para formar The Thermals, tras traballar xuntos no dúo folk Hutch & Kathy. O seu primeiro álbum, More Parts per Million, foi editado en 2003 por Sub Pop Records. O disco foi gravado e interpretado enteiramente por Hutch Harris, que se encargou de todos os instrumentos. A primeira formación ao vivo estaba composta por Harris con Kathy Foster no baixo, Jordan Hudson (tamén en M. Ward e The Operacycle) na batería, e Ben Barnett na guitarra.[1] O seu seguinte disco, Fuckin A (2004), foi mesturado polo membro de Death Cab For Cutie Chris Walla. Nese período Ben Barnett deixou o grupo e Hutch Harris encargouse da guitarra.

O seu terceiro álbum, The Body, The Blood, The Machine, foi producido por Brendan Canty de Fugazi[2] e gañou gran parte do recoñecemento do grupo, aparcendo en múltiples listas de mellores álbums de 2006 como as de NPR, The AV Club e Pitchfork.[3] A canción "A Pillar of Salt" tamén apareceu no videoxogo de Electronic Arts Skate 3.[4] Jordan Hudson deixou a banda durante a gravación deste terceiro álbum. Kathy Foster encargouse das tarefas de percusión no estudio e Lorin Coleman na xira.

O cuarto álbum de The Thermals, Now We Can See, foi editado en 2009 a través do selo Kill Rock Stars coa produción de John Congleton. Kathy Foster encargaríase novamente da percusión no traballo. Westin Glass uniríase á banda como batería tras finalizar o disco.

O seu quinto traballo, Personal Life, apareceu o 7 de setembro de 2010. Dous anos despois o súa versión da cabnción "Little Boxes" usouse como tema de apertura do capítulo 8 da oitava temporada de Weeds, "Five Miles From Yetzer Hara";[5] a súa canción "Here's Your Future" de The Body, The Blood, The Machine xa aparecera no capítulo "A Pool and his Money" en 2007.[6]

En outubro de 2012 o antigo guitarrista Joel Burrows morreu por complicacións debidas a un atropelo que sofrera meses antes.[7]

 
The Thermals ao vivo en 2009

O 31 de xaneiro de 2013 The Thermals fichou por Saddle Creek Records e en abril dese ano lanzou o seu primeiro traballo co selo, o álbum Desperate Ground.[8][9]

O en xaneiro de 2016 a banda anunciou o lanzamenro do seu sétimo álbum de estudio, titulado We Disappear. O disco apareceu o 25 de marzo dese ano a través de Saddle Creek Records.[10]

O día 9 de abril de 2018 a anda anunciou a través da súa conta de Twitter a súa disolución tras 16 anos de carreira.[11]

Membros editar

Derradeira formación editar

  • Hutch Harris - voces, guitarra (2002–2018)
  • Kathy Foster - baix, voces (2002–2018)
  • Westin Glass - batería, voces (2008–2018)

Antigos membros editar

  • Jordan Hudson - batería (2002–2005)
  • Ben Barnett - guitarra (2002–2003)
  • Caitlin Love - batería (2006)
  • Lorin Coleman - batería (2007–2008)
  • Joel Burrows - guitarra (2007)

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
More Parts per Million 2003 Sub Pop Records
Fuckin A 2004 Sub Pop Records
The Body, the Blood, the Machine 2006 Sub Pop Records
Now We Can See 2009 Kill Rock Stars
Personal Life 2010 Kill Rock Stars
Desperate Ground 2013 Saddle Creek Records
We Disappear 2016 Saddle Creek Records

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "The Thermals Interview - Unfold :: Amsterdam Edition". web.archive.org. 2012-06-07. Archived from the original on 07 de xuño de 2012. Consultado o 2019-04-20. 
  2. Crock, Jason. "The Thermals". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-02-27. 
  3. "Thermals Award info". Sub Pop. 2013-05-14. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2013. Consultado o 2023-02-27. 
  4. "Skate 3". 2010-05-11. Consultado o 2023-02-28. 
  5. Abraham, Phil (2012-08-19). "Five Miles From Yetzer Hara". Consultado o 2023-02-28. 
  6. Zisk, Craig (2007-08-20). "A Pool and His Money". Consultado o 2023-02-28. 
  7. Lannamann, Ned. "Goodbye, Joel Burrows of the Minders and the Thermals". Portland Mercury (en inglés). Consultado o 2023-02-28. 
  8. Minsker, Evan (2013-01-31). "The Thermals Detail New LP, Sign to Saddle Creek". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-02-28. 
  9. "The Thermals - Desperate Ground Album Reviews, Songs & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-02-28. 
  10. Minsker, Evan (2016-01-06). "The Thermals Announce New Album We Disappear, Share "Hey You"". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-02-28. 
  11. "The Thermals Twitter ನಲ್ಲಿ: "We are officially disbanding! After 15 years and 7 records, we feel our band has reached far beyond our initial expectations and goals, and are stepping away from it while we still cherish it."". web.archive.org. 2018-04-09. Archived from the original on 09 de abril de 2018. Consultado o 2023-02-28.