The Polar Express

Para o artigo sobre o filme véxase The Polar Express (filme).

The Polar Express é un libro infantil inglés escrito e ilustrado por Chris Van Allsburg, un antigo profesor da Rhode Island School of Design. No ano 2004 foi adaptado para o cinema co título homónimo de The Polar Express.

The Polar Express
Autor/aChris Van Allsburg
Ilustrador/aChris Van Allsburg
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
Xénero(s)Literatura infantil con ilustracións
EditorialHoughton Mifflin Harcourt
Data de pub.1985
ISBNISBN 978-0-395-38949-2
editar datos en Wikidata ]

O libro está considerado xeralmente como un clásico de Nadal para lectores novos. Foi louvado polas súas detalladas ilustracións e pola relaxante e tranquila historia. En 1986 gañou a Caldecott Medal de literatura para nenos.

Sinopse editar

Conta a historia dun rapaz que na Noiteboa está comezando a deixar de crer en Santa Claus. Porén, un tren máxico chamado o Polar Express chega fronte á súa casa e convídao a viaxar ao Polo Norte. En chegando ao Polo Norte, o pícaro é escollido por Santa Claus para recibir o primeiro regalo de Nadal. El escolle un axóuxere brillante e prateado da zorra de Santa e que fai un fermosísimo son. Ao pasaren os anos, a xente do seu contorno dinlle que o axóuxere non funciona xa que non lle escoitan o son, mesmo os pais e a irmá. Mais tamén hai persoas que aínda poden oílo, aqueles que aínda cren verdadeiramente en Santa Claus.