The New York Times Magazine

The New York Times Magazine é o suplemento dominical do xornal The New York Times. Contén artigos de maior lonxitude que a usual nos publicados na edición diaria e escriben para el moitos colaboradores de prestixio. Tamén salientas polas súas fotografías, en particular no seu deseño e estilo.

The New York Times Magazine
PaísEstados Unidos de América
Lugar de publicaciónNova York
Lingualingua inglesa
Fundación1896
Circulación
ISSN0028-7822
Na rede
http://www.nytimes.com/pages/magazine/
Twitter: NYTmag Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A primeira edición foi o 6 de setembro de 1896 e contiña a primeira fotografía impresa nun xornal.[1] A creación dun suplemento dominical "serio" foi parte dunha revisión masiva do diario disposta ese ano polo seu novo propietario, Adolph Ochs, dentro da cal ordenou excluír do xornal os artigos de ficción, as tiras de prensa e as notas sobre rumores sendo considerado en xeral como quen salvou ó The New York Times da ruína económica.[2] En 1897, o suplemento publicou 16 páxinas de fotografías referidas ás vodas de diamante da Raíña Vitoria, unha "custosa fazaña" que a converteu nunha edición sumamente popular e axudou a lanzar o suplemento ó éxito.[3]

Nos seus primeiros anos The New York Times Magazine comezou a tradición de ter colaboradores moi coñecidos, dende William Edward Burghardt Du Bois e Albert Einstein a moitos actuais e futuros presidentes dos Estados Unidos. Lester Markel, un "intenso e autocrático" xornalista que supervisou o Times dominical dende os '1920 até os '1950, alentou a concepción da revista cun foro de ideas. Durante o período que estivo a cargo, houbo colaboracións de personalidades tales como Lev Tolstoi, Thomas Mann, Gertrude Stein e Tennessee Williams. Cando en 1970 The New York Times introduciu a súa primeira páxina Op-Ed a revista deixou de publicar tantas notas editoriais.

Notas editar

  1. The New York Times Company: New York Times Timeline 1881-1910. Consultado o 6 de maio de 2007.
  2. "The Kingdom and the Cabbage" Arquivado 23 de agosto de 2013 en Wayback Machine., publicado en Time do 15-8-1997. Consultado o 6 de maio de 2007]].
  3. Rosenthal, Jack: 5000 Sundays: Letter From the Editor Publicado en The New Tork Time do 14-4-1996. Consultado o 6 de maio de 2007

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar