The Maltese Falcon (filme de 1941)

filme de 1941 dirixido por John Huston

The Maltese Falcon é un filme de xénero negro estadounidense dirixido por John Huston en 1941. Baséase na novela homónima de Dashiell Hammett, protagonizada polo detective Sam Spade e supuxo o debut no cinema do seu director.

The Maltese Falcon
Póster do filme.
Ficha técnica
DirectorJohn Huston
ProdutorHal B. Wallis
GuiónJohn Huston
Baseado enThe Maltese Falcon, de Dashiell Hammett
IntérpretesHumphrey Bogart
Mary Astor
Peter Lorre
MúsicaAdolph Deutsch
FotografíaArthur Edeson
MontaxeThomas Richards
EstudioWarner Bros.
Estrea3 de outubro de 1941
Duración100 min
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCinema negro
Orzamento375 000 $
Na rede
IMDB: tt0033870 Filmaffinity: 174261 Allocine: 1809 Rottentomatoes: m/1013139-maltese_falcon Mojo: maltesefalcon Allmovie: v31035 TCM: 2805 Metacritic: movie/the-maltese-falcon TV.com: movies/the-maltese-falcon Netlix: 731705Editar o valor em Wikidata

O filme supuxo a terceira adaptación cinematográfica da novela, trala versión de 1925, con Ricardo Cortez e Satan Met a Lady (1936), con Warren Williams e Bette Davis.

Sinopse editar

En 1539 os Cabaleiros Templarios de Malta pagan ao emperador Carlos V un tributo cunha estatua que representa un falcón, pero a figura desaparece por culpa dos piratas.

1941. En San Francisco os detectives Sam Spade e Miles Archer atenden unha clienta, Ruth Wonderly, que di buscar á súa irmá, que ten unha relación cun home chamado Floyd Thursby. Wonderly está citada con Thursby e Archer decide seguilos. Esa noite Archer morre asasinado.

Ao día seguinte Spade atopa a Wonderly, que agora se fai chamar Brigid O'Shaughnessy e que lle di que probablemente Thursby matara a Archer.

No seu despacho Spade coñece a Joel Cairo, que lle ofrece 5 000 dólares por atopar unha antiga figura con forma de ave. Ese mesmo día descóbrese que O’Shaughnessy e Cairo están relacionados.

Personaxes editar

O MacGuffin editar

A figura do falcón é considerada como un clásico Macguffin, un asunto que motiva as actuacións das personaxes, pero que na práctica ten pouca importancia no argumento.

Galardóns e nomeamentos editar

O filme foi candidato ao Óscar en tres categorías: mellor película, mellor guión adaptado e mellor actor secundario (Sydney Greenstreet).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar