The Irishman

filme de 2019 dirixido por Martin Scorsese

The Irishman (tamén titulado nas pantallas I Heard You Paint Houses) é un filme estadounidense de 2019 dirixido e producido por Martin Scorsese e escrito por Steven Zaillian, que está baseado no libro de 2004 I Heard You Paint Houses de Charles Brandt. Está protagonizado por Robert De Niro, Al Pacino e Joe Pesci, xunto con Ray Romano, Bobby Cannavale, Anna Paquin, Stephen Graham, Stephanie Kurtzuba, Jesse Plemons e Harvey Keitel nos papeis secundarios. Conta a historia de Frank Sheeran (De Niro), un condutor de camións que se converte nun matón baixo as ordes de Russell Bufalino (Pesci) e a súa familia criminal, así como para o poderoso Jimmy Hoffa (Pacino).

The Irishman
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Irishman
DirectorMartin Scorsese
Produtor
GuiónSteven Zaillian
Baseado enI Heard You Paint Houses de Charles Brandt
Intérpretes
MúsicaRobbie Robertson
FotografíaRodrigo Prieto
MontaxeThelma Schoonmaker
Estudio
DistribuidoraNetflix
EstreaFestival de Nova York: 27 de setembro de 2019
1 de novembro de 2019
Duración209 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroÉpico e crime
Orzamento159 millóns de dólares
Recadación7,5 millóns de dólares[2]
Na rede
https://www.netflix.com/it/title/80175798
IMDB: tt1302006 Filmaffinity: 325196 Allocine: 139628 Rottentomatoes: m/the_irishman Allmovie: v471761 TCM: 2133446 Metacritic: movie/the-irishman
Facebook: TheIrishmanFilm Twitter: TheIrishmanFilm Instagram: theirishmanfilm Netlix: 80175798Editar o valor em Wikidata

En setembro de 2014, despois de anos no limbo da fase de desenvolvemento, The Irishman foi anunciado como o próximo filme de Scorsese despois de Silence (2016). De Niro, que tamén serviu como produtor, e Pacino foron confirmados ese mes, así como Pesci, que saíu do seu retiro non oficial logo de ser preguntado numerosas veces para tomar o papel. A fotografía principal comezou en setembro de 2017 na cidade de Nova York, en Mineola e Williston Park de Long Island, e estendeuse até marzo de 2018. Cun orzamento de produción de 159 millóns de dólares e unha duración de 209 minutos, é o filme máis longo de Scorsese e está entre os seus máis custosos da súa carreira.

The Irishman estreouse na 57ª edición do Festival Internacional de Cinema de Nova York, e tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos o 1 de novembro de 2019, seguida por unha estrea en streaming dixital en Netflix o 27 de novembro de 2019. Foi aclamado pola crítica, que louvou a dirección de Scorsese e as interpretacións de De Niro, Pacino e Pesci. O filme recibiu numerosos galardóns.

Notas editar

  1. "THE IRISHMAN". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  2. "The Irishman (2019)". Box Office Mojo. Consultado o 8 de decembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar