The Fire Engines foi unha banda escocesa de post-punk procedente de Edimburgo. O grupo formou parte da mesma escena art-punk na que estaban Scars e Josef K.[1]

The Fire Engines
OrixeEdimburgo, Escocia Escocia
Período1979 - 1981
2004 - 2006
Xénero(s)post-punk
Selo(s) discográfico(s)Pop Aural
MembrosDavy Henderson
Murray Slade
Graham Main
Russell Burn
Artistas relacionadosThe Dirty Reds, Win
Na rede
MySpace: fireengines Bandcamp: fireengines Last fm: The+Fire+Engines Musicbrainz: d48d56eb-ac96-4b36-8536-719dbfa3ff67 Songkick: 142023 Discogs: 325241 Allmusic: mn0000339713 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

The Fire Engines estaba composto por David "Davy" Henderson (voces e guitarra), Murray Slade (guitarra), Graham Main (baixo), e Russell Burn (batería). O nome da banda estaba inspirada nunha canción de 13th Floor Elevators.[1][2][3] Henderson, Main e Burn foran anteriormente membros de The Dirty Reds, xunto co irmán de Russell Burn, Tam Dean Burn,[1][2] mentres que Slade tocara en Station Six.[4] O primeiro lanzamento de The Fire Engines foi o sinxelo "Get Up And Use Me"/"Everything's Roses", publicado a través do selo do representante Angus Groovy, Codex Communications, no ano 1980; a banda tivo que gravar todo o seu set dúas veces nunha cabana en Fife co produtor Wilf Smarties, a un custo de 46 libras, sendo seleccionados eses dous temas para o lanzamento.[4]

"Get Up and Use Me" foi "sinxelo da semana" tanto en NME como en Sounds.[4] Os concertos da banda raramente duraban máis de vinte minutos. Henderson dixo dos seus primeiros concertos: "Xogábamos coas nosas fortalezas que eran mínimas, pero dalgún xeito, como banda, funcionou. Nunca tocábamos acordes e Russell non usaba pratos. Era moi violento aínda que ninguén resultou ferido. Era pura agresión, actitude e odio".[4] Postcard Records ofreceulle un contrato á banda, pero optaron polo selo de Bob Last, Fast Product. Gravaron dous sinxelos e un álbum principalmente instrumental, Lubricate Your Living Room (subtitulado 'Background Music for Action People!'), en 1981, publicadas a través de Pop:Aural.[5] A banda gravou dúas sesións para o programa de John Peel na BBC Radio 1, a primeira en febreiro de 1981 contando cunha versión do tema de Heaven 17 "(We Don't Need This) Fascist Groove Thang", e a segunda en novembro do mesmo ano.[2][6] O seu sinxelo máis exitoso foi "Candy Skin", editado en 1981, pero o seu sucesor, "Big Gold Dream", non acadou o seu éxito e a banda separouse o 31 de decembro de 1981.[3][5]

Henderson formou o grupo de curta vida Heartbeat con Hillary Morrison, compañeira de Bob Last. A banda só editou unha canción nun casete recompilatorio da revista NME.[3] Burn formou Everest the Hard Way co baixista Ian Stoddart e o guitarrista Stephen Lironi (que despois ingresou en Altered Images), editando un sinxelo en abril de 1982, antes de que Burn regresase a The Dirty Reds. Henderson e Burn fundarían Win con Stoddart a mediados dos 80, e a banda estaría activa ata 1989.[3] Henderson e Burn volveron entón a traballar xuntos no proxecto Burn's Pie Finger, editando un álbum con Creation Records en 1992.[3] Henderson formou entón The Nectarine No. 9, que estivo en actividade dende principios dos 90 ata 2004.[1][2]

En 2004 The Fire Engines reformouse para apoiar a The Magic Band en The Liquid Room, Edimburgo,[7] e lanzou un sinxelo en colaboración con Franz Ferdinand; o sinxelo contiña unha versión realizada por Franz Ferdinand do tema de The Fire Engines "Get Up and Use Me", versionando The Fire Engines a canción de Franz Ferdinand's "Jacqueline".[8][9] A banda continuou tocando ocasionalmente ata 2006. O 2 de outubro de 2007 o selo Acute publicou Hungry Beat, unha colección de gravacións orixinais da banda, facéndoos dispoñibles por primeira vez en CD nos Estados Unidos.

Henderson agora lidera The Sexual Objects, que conta con Ian Holford (batería), Simon Smeeton (guitarra) e Douglas McIntyre (baixo).[9] Graham Wann posteriormente uniuse como guitarrista.[10] O seu álbum de estrea, Cucumber, foi publicado en 2010, e foi parcialmente producido por Boards of Canada.[11] Foi editado en vinilo en 2011.

The Fire Engines foi unha importante influencia para moitas bandas posteriores, como Franz Ferdinand e The Rapture. Os grupos Meat Whiplash e The Candyskins colleron os seus nomes de cancións de The Fire Engines.[4][8] En agosto de 2017 a banda reformouse para realizar un concerto benéfico para o Leith Theatre xunto con Irvine Welsh e Ewen Bremner.

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Lubricate Your Living Room 1981 Pop Aural

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Fire Engines | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-24. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Buckley, Peter (2003) "The Fire Engines", in The Rough Guide to Rock, Rough Guides, ISBN 978-1843531050, p. 373-4
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Strong, Martin C. (2003) The Great Indie Discography, Canongate, ISBN 1-84195-335-0, p. 332-3
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Reekie, Innes (2011-01-06). "Post Punk heroes the Fire Engines". Louder Than War (en inglés). Consultado o 2019-11-24. 
  5. 5,0 5,1 "Fire Engines | The Skinny". www.theskinny.co.uk (en inglés). Consultado o 2019-11-24. 
  6. "BBC - Radio 1 - Keeping It Peel - Fire Engines". www.bbc.co.uk. Consultado o 2019-11-24. 
  7. "Legendary Beefheart band cast their spell". www.scotsman.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-24. 
  8. 8,0 8,1 "Codex Teenage Premonition - Fire Engines | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-24. 
  9. 9,0 9,1 Lester, Paul (2009-11-13). "New band of the day – No 669: The Sexual Objects". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-11-24. 
  10. "BBC Sounds - Categories - Music". www.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 2019-11-24. 
  11. "Fire Engines - Interview with Davy Henderson". www.pennyblackmusic.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-24.