The Dark Crystal

filme de 1982 dirixido por Jim Henson e Frank Oz

The Dark Crystal é filme británico-estadounidense de aventuras e fantasía dirixido por Jim Henson e Frank Oz que se estreou en 1982. Está protagonizado polas voces de Stephen Garlick, Lisa Maxwell, Billie Whitelaw, Percy Edwards e Barry Dennen. A historia xira arredor de Jen, unha criatura semellante a un elfo, e a súa misión de restaurar o equilibrio do seu mundo devolvendo un anaco perdido de cristal a unha poderosa xema.

The Dark Crystal
Místico de The Dark Crystal.
Ficha técnica
Título orixinalThe Dark Crystal
Director
Produtor
GuiónDavid Odell
Intérpretes
MúsicaTrevor Jones
FotografíaOswald Morris
MontaxeRalph Kemplen
Estudio
DistribuidoraUniversal Pictures
EstreaNova York: 13 de decembro de 1982
17 de decembro de 1982
Duración93 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
XéneroFantasía
Orzamento$13 000 000
Recadación$40 600 000
Na rede
http://www.darkcrystal.com
IMDB: tt0083791 Filmaffinity: 458881 Allocine: 3363 Rottentomatoes: m/dark_crystal Mojo: darkcrystal Allmovie: v12243 TCM: 72285 TV.com: movies/the-dark-crystal Netlix: 419733Editar o valor em Wikidata

Malia que estaba considerado un filme familiar, é considerablemente máis escuro que as obras anteriores dos seus creadores, achegando varios temas do movemento new age. Os animatronics empregados no filme foron considerados daquela como moi innovadores. O principal artista conceptual foi o ilustrador Brian Froud, famoso polos seus recoñecibles deseños de fadas e ananos. Froud tamén colaborou con Henson e Oz no seu seguinte proxecto, o filme de 1986 Dentro do labirinto.

Personaxes editar

Notas editar

  1. British Board of Film Classification, ed. (3 de novembro de 1982). "The Dark Crystal (A)". Consultado o 30 de setembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar