The Da Vinci Code (videoxogo)

The Da Vinci Code é un videoxogo para PlayStation 2, Xbox e Microsoft Windows desenvolto por The Collective, Inc. e publicado por 2K Games. Baseado na novela O código Da Vinci de Dan Brown, o xogo non está asociado co filme homónimo, e por iso os personaxes non se asemellan fisicamente ós dos filmes. Ademais, existen algunhas diferenzas entre a novela e o xogo, como que no canto de "Opus Dei", o nome da seita no xogo é "Manus Dei". O xogo foi estreado o 19 de maio de 2006 en Norte América, e o 16 de maio de 2007 en Europa.

The Da Vinci Code
Desenvolvedor(es)The Collective, Inc.
Distribuidora(s)2K Games
Deseñador(es)David Fried
Jeremy Lee (produtor)
Compositor(es)Winifred Phillips, música producida por Winnie Waldron
MotorFreeware Engine
Lanzamento15 de maio de 2006
XéneroAcción, aventuras
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)PlayStation 2, Xbox, Microsoft Windows, Teléfono móbil
Formato(s)CD, DVD
editar datos en Wikidata ]

Modo de xogo editar

The Da Vinci Code é un xogo de acción e aventuras en terceira persoa. A súa historia está baseada sobre todo no libro, e algo menos no filme, aínda que numerosos elementos e eventos narrativos do xogo non aparecen en ningún dos dous.

O obxectivo do xogo, ó igual que no libro e o filme, é localizar o Santo Graal. Para conseguilo, o xogador debe reunir pistas, solucionar crebacabezas e evadir ou derrotar inimigos.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar