The Broken Circle Breakdown

filme de 2012 dirixido por Felix Van Groeningen

The Broken Circle Breakdown (tamén coñecido como Alabama Monroe) é un filme belga de 2012 dirixido por Felix Van Groeningen. Baséase na obra de Johan Heldenbergh e Mieke Dobbels e foi adaptado para o cinema por Carl Joos e Felix van Groeningen. Conseguiu a aclamación da crítica e foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 86ª edición dos premios,[1] sendo finalmente nomeado.[2] O filme foi o gañador do Premio César ó mellor filme en lingua non inglesa, 39ª edición dos premios César.[3] Foi o gañador do premio Lux de 2013.[4]

The Broken Circle Breakdown
Ficha técnica
Título orixinalThe Broken Circle Breakdown
DirectorFelix Van Groeningen
ProdutorDirk Impens
Frans van Gestel
Laurette Schillings
Arnold Heslenfeld
GuiónCarl Joos
Felix van Groeningen
IntérpretesJohan Heldenbergh
Veerle Baetens
MúsicaBjorn Eriksson
FotografíaRuben Impens
MontaxeNico Leunen
EstudioMenuet
Topkapi Films
DistribuidoraKinepolis Film Distribution
Estrea10 de outubro de 2012
Duración111 minutos
OrixeBélxica Bélxica
XéneroDrama
Recadación5,5 millóns de dólares
Na rede
http://www.thebrokencirclebreakdown.be/
IMDB: tt2024519 Filmaffinity: 196986 Allocine: 216955 Rottentomatoes: m/the_broken_circle_breakdown Mojo: brokencirclebreakdown Allmovie: v573754 Metacritic: movie/the-broken-circle-breakdown TV.com: movies/the-broken-circle-breakdown
Songkick: 7959963 Netlix: 70271651Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Ambientado en Gante, o filme narra as vidas de Didier e Elise durante sete anos dende que se namoran grazas á súa paixón pola música bluegrass. Teñen unha filla, Maybelle, que desenvolve un cancro despois do seu sexto aniversario e sucumbe un ano despois. A morte de Maybelle ten un efecto devastador na súa relación e nas súas vidas.

Personaxes editar

  • Johan Heldenbergh como Didier Bontinck / Monroe
  • Veerle Baetens como Elise Vandevelde / Alabama
  • Nell Cattrysse como Maybelle
  • Geert Van Rampelberg como William
  • Nils De Caster como Jock
  • Robbie Cleiren como Jimmy
  • Bert Huysentruyt como Jef
  • Jan Bijvoet como Koen
  • Blanka Heirman como Denise

Notas editar

  1. The Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: Belgium Nominates 'The Broken Circle Breakdown' for Foreign Language Category". Consultado o 24 de setembro de 2013. 
  2. BBC News (ed.). "Oscars: Main nominations 2014". Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 
  3. Hollywood Reporter (ed.). "France's Cesar Awards: 'Me, Myself and Mum' Wins Best Film". Consultado o 1 de marzo de 2014. 
  4. European Parliament (ed.). "LUX Prize 2013". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar