The Bride Screamed Murder

The Bride Screamed Murder é o vixésimo álbum de estudio da banda estadounidense de sludge metal Melvins, editado o 1 de xuño do 2010 a través do selo Ipecac Recordings. É o seu primeiro álbum en entrar na lista Billboard 200, concretamente estando no número 200, ao vender 2.809 copias nas primeiras semanas[1]. No mes de outubro do 2010 apareceu o vídeo musical para a canción "Electric Flower", dirixido por Mark Brooks. A revista canadense Exclaim! nomeouno o 8º mellor álbum de metal dese ano[2].

The Bride Screamed Murder
Álbum de Melvins
Publicado1 de xuño do 2010
Gravación2009 - 2010
Duración45:37
Xénero(s)sludge metal
Selo(s)Ipecac Recordings
Cronoloxía
Chicken Switch The Bride Screamed Murder -

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos polos Melvins agás onde se indique.

  1. "The Water Glass" - 4:16
  2. "Evil New War God" - 4:48
  3. "Pig House" - 5:29
  4. "I'll Finish You Off" - 4:57
  5. "Electric Flower" - 3:27
  6. "Hospital Up" - 5:38
  7. "Inhumanity and Death" - 3:03
  8. "My Generation" (Pete Townshend) - 7:39
  9. "P.G. x 3" (tradicional) - 6:20

Notas editar

  1. Posición do álbum nas listas Billboard (en inglés)
  2. "Year in Review 2010". Exclaim! - Metal (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 26 de novembro de 2011.