The Aristocats

filme de animación estadounidense de 1970

The Aristocats é un filme de animación de Disney producido e estreado por Walt Disney Productions en 1970. É o filme número vinte dos clásicos Walt Disney Animated Classics series, e baséase na historia de Tom McGowan e Tom Rowe, que xira arredor dunha familia de gatos aristócratas. O título é un xogo de palabras co termo inglés aristocrats.

The Aristocats
Ficha técnica
Título orixinalThe Aristocats
DirectorWolfgang Reitherman
ProdutorWinston Hibler
Wolfgang Reitherman
GuiónKen Anderson
Larry Clemmons
Eric Cleworth
Vance Garry
Tom McGowan
Tom Rowe
Julius Svendsen
Frank Thomas
Ralph Wright
IntérpretesPhil Harris
Eva Gabor
Liz English
Gary Dubin
Dean Clark
Sterling Holloway
Roddy Maude-Roxby
MúsicaGeorge Bruns
Richard e Robert Sherman
Georges Bizet (cancións)
EstudioWalt Disney Productions
DistribuidoraBuena Vista Pictures
Estrea1970
Duración78 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación, Infantil
Orzamento$4 000 000[1]
Recadación$55 700 000[2]
Na rede
https://movies.disney.com/the-aristocats
IMDB: tt0065421 Filmaffinity: 892694 Allocine: 96 Rottentomatoes: m/aristocats Allmovie: v83925 TCM: 67588 Metacritic: movie/the-aristocats TV.com: movies/the-aristocats
Musicbrainz: 05cc6314-9561-498f-921b-1e1d8e7f7b93 Netlix: 263832Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

1910. En París, unha dama millonaria e excéntrica leva unha vida feliz cos seus gatos nunha enorme mansión, coa única axuda do seu mordomo Edgar. Alí, Duquesa vive despreocupadamente cos seus tres gatiños, sen saber que Edgar argalla acabar con todos os gatos para converterse no único herdeiro da enorme fortuna da Madame Bonfamille. Con este propósito, abandónaos nun lugar remoto, pero os gatos coñecen a Thomas O’Malley, un atractivo gato vagabundo. Dende o principio, O’Malley, atraído pola elegancia de Duquesa, proponse axudala a regresar a casa de Madame Bonfamille, aínda que para iso teña que enfrontarse cos perigos da gran cidade. Ademais contarán coa axuda de Scat Cat e os seus gatos swing, que engaden un toque de ritmo e diversión á vida de Duquesa e tres gatiños.

Personaxes editar

(Voces da dobraxe orixinal).

Notas editar

  1. "Magical Kingdoms". Magical Kingdoms. 24 de decembro de 1970. Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  2. "The Aristocats, Box Office Information". The Numbers. Consultado o 10 de xaneiro de 2012.