The 100 (serie de televisión)

The 100 (en galego: Os 100) é unha serie de televisión estadounidense de ciencia ficción e drama creada por Jason Rothenberg e baseada na novela homónima escrita por Kass Morgan.[1] Está protagonizada por Eliza Taylor, Paige Turco, Bob Morley, Marie Avgeropoulos e Henry Ian Cusick e foi estreada o 19 de marzo de 2014.

O 8 de maio de 2014, The CW anunciou a renovación da serie para unha segunda tempada, que foi estreada o 22 de outubro de 2014 e consta de 16 episodios.[2][3][4]

O 11 de xaneiro de 2015, a serie foi renovada para unha terceira tempada, que foi estreada o 21 de xaneiro de 2016.[5][6]

O 11 de marzo de 2016, The CW renovou a serie para unha cuarta tempada.[7]

Sinopse editar

Primeira tempada editar

Noventa e sete anos atrás, a Terra foi destruída por unha guerra nuclear. Só catrocentas persoas lograron salvarse en doce naves que foron enviadas ao espazo. No presente, as doce naves están conectadas como unha soa chamada A Arca, que viu incrementar a súa poboación a case catro mil acodes, o que derivou na escaseza de alimentos. As autoridades da Arca tomaron medidas como o control de natalidade e a pena de morte para garantir a súa supervivencia. En segredo, enviaron a un grupo de cen novos delincuentes á Terra para pescudar se o planeta é habitable novamente. Para os mozos é un planeta totalmente descoñecido e deben deixar ó lado as súas diferenzas para enfrontarse ós perigos e asegurar a supervivencia da especie humana e a deles mesmos.

Segunda tempada editar

Clarke, Finn, Raven e Bellamy loitan por rescatar aos corenta e sete mozos que continúan en Monte Weather antes de que sexan drenados para tratar as enfermidades dos habitantes da montaña. Abby, Kane e Jaha tentan manter á súa xente unida e atopar máis sobreviventes do resto das naves. Ambos os grupos deben enfrontarse aos homes da montaña, quen interfiren as súas comunicacións e atácanos con perigosas e tóxicas armas; así como aos terrícolas, cuxa líder clama vinganza polo masacre dos habitantes dunha tribo a mans de Finn, polo que Clarke debe tomar unha dolorosa decisión.

Terceira tempada editar

Os habitantes de Arcadia, dirixidos por Abby, mantéñense en paz cos terrestres do pobo Arbóreo dirixido por Indra mentres buscan a outros sobreviventes da Arca. Mentres tanto, o equilibrio de forzas dos clans terrestres pende dun fío desde que a comandante Lexa fixese un trato co Monte Weather, que é tachado de mostra de debilidade e fíxolle perder a confianza do clan da Nación do Xeo.

Clarke, que tras o sucedido no Monte Weather deixou á súa xente, é buscada polas diferentes tribos terrestres que pretenden asasinala e así obter a súa forza.

Elenco principal editar

 
Kelly Hu.
 
Henry Ian Cusick.
Actor Personaxe Tempada
1 2 3 4 5 6 7
Eliza Taylor Clarke Griffin Principal
Paige Turco Abigail Griffin Principal
Thomas McDonell Finn Collins Principal
Eli Goree[nota 1] Wells Jaha Principal Convidado
Marie Avgeropoulos Octavia Blake Principal
Bob Morley Bellamy Blake Principal
Kelly Hu[nota 2] Callie "Cece" Cartwig Principal
Christopher Larkin Monty Green Principal
Devon Bostick Jasper Jordan Principal
Isaiah Washington Thelonious Jaha Principal
Henry Ian Cusick Marcus Kane Principal
Lindsey Morgan Raven Reyes Recorrente Principal[8]
Ricky Whittle Lincoln Recorrente Principal[8]
Richard Harmon John Murphy Recorrente Principal[9]
Zach McGowan Roan Recorrente Principal[10] Convidado
Tasya Teles Echo kom Azgeda Convidado Recorrente Principal

Episodios editar

Tempada Episodios Emisión orixinal
Inicio Final
1 13 19 de marzo de 2014 11 de xuño de 2014[11]
2 16[4] 22 de outubro de 2014 11 de marzo de 2015
3 16[12] 21 de xaneiro de 2016 19 de maio de 2016[13]
4 13[14] Por anunciarse Por anunciarse

Produción editar

Desenvolvemento editar

En xaneiro de 2013, The CW anunciou que ordenou a realización dun piloto baseado no libro de Kass Morgan, The 100.[15] O 9 de maio, foi anunciado que a cadea recollería o piloto para desenvolver unha serie para a tempada 2013-2014. Finalmente, o 12 de xuño foi revelado que a estrea da serie sería relegado para a metade da tempada.

Casting editar

O 28 de febreiro de 2013, foron anunciados Eliza Taylor como Clarke, a líder do grupo que é enviado á Terra; Marie Avgeropoulos como Octavia, unha filla nada ilegalmente que vive cativa; Henry Ian Cusick como o concelleiro Kane, Bob Morley como Bellamy, o irmán de Octavia e Eli Goree como Wells Jaha.[16][17] En marzo de 2013, foron anunciadas as incorporacións de Paige Turco como Abbie, a nai de Clarke; Isaiah Washington, como Jaha, o líder dos sobreviventes; Christopher Larkin como Monty, quen usa a súa intelixencia e sentido do humor para axudar a Clarke e Kelly Hu como "Cece" Cartwig, a xefa de comunicacións na estación espacial.[18][19][20][21] Thomas McDonell como Finn e Devon Bostick como Jasper foron anunciados poucos días despois.

Notas editar

  1. Aunque aparece unicamente en tres episodios, Eli Goree es acreditado como principal
  2. Aínda que aparece unicamente nun episodio, Kelly Hu é acreditada como principal
  1. "Syfy ES - Los 100". Consultado o 18 de xuño de 2015. 
  2. Slezak, Michael (8 de maio de 2014). "Carrie Diaries, Tomorrow People and One More Cancelled, Three Others Renewed by The CW". TV Line (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2014. 
  3. Webb Mitovich, Matt (25 de xuño de 2014). "The CW's Fall Schedule Opens in Early October, The Flash Gets Big Boost". TV Line (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  4. 4,0 4,1 TV Guide, ed. (18 de xullo de 2014). "#The100 will have 16 episodes in Season 2". Twitter (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2014. 
  5. Hibberd, James (11 de xaneiro de 2015). "The CW renews 8 shows for next season". Entertainment Weekly (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2015. 
  6. Webb Mitovich, Matt (23 de novembro de 2015). "Legends of Tomorrow Gets Trailer and Premiere Date, Plus The 100 Returns". TV Line (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2015. Consultado o 23 de novembro de 2015. 
  7. Ausiello, Michael (11 de marzo de 2016). "The CW Renews The Flash, Vampire Diaries, The 100, Reign (!) and 7 Others". TV Line (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2016. 
  8. 8,0 8,1 R, Lauren (28 de xullo de 2014). "The 100 Season 2: The Cast Reveals Spoliers (sic) at Comic-Con 2014!". Alloy Entertainment (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2014. Consultado o 17 de agosto de 2014. 
  9. Byrne, Craig (12 de marzo de 2015). "Richard Harmon To Be A Series Regular In The 100 Season 3". KSiteTV (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2015. 
  10. Bucksbaum, Sydney (22 de xullo de 2016). "Comic-Con: 'The 100' Promotes Zach McGowan to Series Regular for Season 4". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2016. 
  11. Gelman, Vlada (26 de febreiro de 2014). "The CW Sets Season Finale Dates for Vampire Diaries, Supernatural, Reign and Others". TV Line (en inglés). Consultado o 26 de febreiro de 2014. 
  12. Rothenberg, Jason (12 de agosto de 2015). "ICYMI... #The100 Season 3 will be delivering 16 EPISODES of pain (hopefully some pleasure too).". Twitter (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2016. 
  13. Webb Mitovich, Matt (9 de marzo de 2016). "The CW Sets Finale Dates for Arrow, Vampire Diaries, The Flash and 7 Others". TV Line (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 16 de marzo de 2016. 
  14. The 100 News (22 de xuño de 2016). "The 100 Will only have 13 Episodes for The season 4!". Twitter (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2016. 
  15. "2013 The CW Pilots". Deadline (en inglés). 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2014. 
  16. Andreeva, Nelli (28 de febreiro de 2013). "Australian Actress Eliza Taylor Tapped As The Lead Of CW Pilot ‘The Hundred’". Deadline (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2014. 
  17. Gelman, Vlada (28 de febreiro de 2013). "Pilot Scoop: Cult Actress Is One of CW's Hundred". TV Line (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2014. 
  18. Andreeva, Nelli (7 de marzo de 2013). "Paige Turco Joins ‘The 100′, ‘The Selection’, ‘The List’ & ‘Rake’ Also Add To Casts". Deadline (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2014. 
  19. Ausiello, Michael (8 de marzo de 2013). "Pilot Scoop: Former Grey's Anatomy Doc Isaiah Washington Is Among CW's 100". TV Line (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 10 de xaneiro de 2014. 
  20. Andreeva, Nelli (12 de marzo de 2013). "‘Middle Age Rage’ & ‘The 100′ Add To Casts". Deadline (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2014. 
  21. Webb Mitovich, Matt (13 de marzo de 2013). "Pilot News: Tom Berenger, Stephen Lang, Arrow Bad-Ass and CSI Alum Among Latest Castings". TV Line (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2014.