Thabo Mbeki

político sudafricano

Thabo Mvuyelwa Mbeki, nado o 18 de xuño de 1942 en Idutywa, é un político surafricano, presidente de Suráfrica dende o 16 de xuño de 1999 ata 2008.

Thabo Mbeki
Nacemento18 de xuño de 1942
Lugar de nacementoMbewuleni
NacionalidadeSuráfrica
Alma máterUniversidade de Sussex, Universidade de Sussex, Hult International Business School, Universidade de Suráfrica, Rand Afrikaans University, Universidade Caledônia de Glasgow, Universidade de Stellenbosch e Universidade de Londres
Ocupaciónpolítico e economista
PaiGovan Mbeki
NaiEpainette Mbeki
CónxuxeZanele Dlamini Mbeki
IrmánsMoeletsi Mbeki
PremiosKnight Commander of the Order of the Bath, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde de san Miguel e san Xurxo, Champions of the Earth, Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, Order of Excellence, Order of the Eagle of Zambia, honorary doctor of the Peoples' Friendship University of Russia, honorary doctorate of the University of Glasgow, honorary doctor of the University of Johannesburg e honorary doctor of the University of Sussex
Na rede
IMDB: nm1375786 Musicbrainz: 825270ae-ca38-4402-a3d7-e65fdbc24873 Discogs: 5046143 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

É un xosa orixinario da rexión de Transkei, na actual provincia de Cabo Oriental, fillo de Epitanette e Govan Mbeki, ambos profesores, e activistas do Congreso Nacional Africano, e Govan dirixente do Congreso Nacional Africano e o Partido Comunista de Suráfrica.

Mbeki ten un mestrado en Economía da Universidade de Sussex. Durante a época do apartheid foi feito prisioneiro e tivo que pasar varios anos no exilio no Reino Unido, regresando ao seu país logo da liberación de Nelson Mandela.

Mbeki é membro do CNA desde os 14 anos, sendo o seu representante no estranxeiro desde 1967. Foi designado xefe da oficina de información do CNA en 1984 e da súa oficina de asuntos internacionais en 1989. Foi elixido deputado de Suráfrica en maio de 1994 ao celebrarse as primeiras eleccións con sufraxio universal. Foi elixido sucesor de Nelson Mandela como presidente do CNA en decembro de 1997 e como Presidente da república tras as eleccións de 1999 (asumindo o cargo o 16 de xuño); foi reelecto para un segundo período en abril de 2004.

Mbeki liderou a creación do programa económico NEPAD e da Unión Africana e tivo grande influencia nas negociacións de paz en Ruanda, Burundi e a República Democrática do Congo. Foi unha dos abandeirados na difusión do concepto do Renacemento Africano.

Durante as negociacións posteriores á liberación de Nelson Mandela, que finalmente conduciron en 1994 ás primeiras eleccións con sufraxio universal en Suráfrica, Mbeki foi a persoa encargada da parte económica destas negociacións. Mais as concesións realizadas durante estas negociacións económicas, conduciron á imposibilidade de poñer en práctica as promesas realizadas polo Congreso Nacional Africano de redistribución da riqueza, quedando a maior parte da riqueza do país en mans dos seus antigos propietarios, os brancos que durante anos amasaron estas riquezas grazas ao apartheid.

En setembro de 2008 coaccionou o líder da liberación da veciña Zimbabue Morgan Tsvangirai do MDC (Movement for Democratic Change) para aceptar un acordo de unidade nacional co presidente Robert Mugabe, considerado polos seus opositores un ditador e responsable de incontables crimes contra a humanidade.

Véxase tamén editar

Predecesor:
Cargo creado
Vicepresidente da República de Suráfrica
19941999
Sucesor:
Jacob Zuma
Predecesor:
Nelson Mandela
 
Presidente do Congreso Nacional Africano

1997 - 2007
Sucesor:
Jacob Zuma
Predecesor:
Nelson Mandela

Presidente da República de Suráfrica

19992008
Sucesor:
Kgalema Motlanthe
Predecesor:
Levy Mwanawasa
  Zambia
(Organización para a Unidade Africana)

Presidente da Unión Africana

2002 - 2003
Sucesor:
Joaquim Chissano
  Mozambique