Testemuña ocular

Na súa acepción máis ampla, testemuña é aquela persoa que é capaz de dar fe dun acontecemento por ter coñecemento do mesmo.[1]

Testemuña no dereito procesual editar

En dereito, a testemuña é unha figura procesual. É a persoa que declara ante un tribunal sobre feitos que coñece e que son considerados relevantes por algún dos litigantes para a resolución do asunto obxecto de controversia. Dita declaración recibe o nome de testemuño.[2] Este medio de proba existe tanto en materia civil como en materia penal, aínda que a respectiva regulamentación adoita ser diferente.

A testemuña pode ser presencial ou non presencial (aquel que declara sobre algo que ouviu ou lle contaron).

O testemuño é unha das distintas probas que poden proporse nun xuízo. A súa validez depende da credibilidade da testemuña, que á súa vez depende dunha serie de factores como a afinidade ou inimizade que poida ter con algunha das partes.

Un caso especial é o do perito, que nalgúns réximes (e en especial nos sistemas baseados no common law anglosaxón) considérase unha testemuña de categoría particular. Noutros ordenamentos o perito non se considera unha testemuña, senón que é unha figura distinta e con outro tratamento. Entre outras diferenzas, o traballo do perito adoita ser remunerado.

Xuramento e responsabilidade editar

Normalmente a testemuña é sometida a xuramento ou promesa de dicir a verdade. Nalgúns réximes (sobre todo do common law) isto dá orixe a responsabilidade criminal baseada en que a declaración falsa se tipifica como delito de perxurio. Noutros réximes (como en España e a maioría dos países latinoamericanos), existe como figura autónoma o delito de falso testemuño. Polo xeral, esta responsabilidade penal depende da "falsidade subxectiva": o criterio que a determina é a incongruencia entre o que a testemuña declara e o que sabe ou lle consta, e non unha incongruencia entre o declarado e a verdade obxectiva.

O testemuño adoita ser obrigatorio, salvo cando median certas relacións de parentesco e cando existen prohibicións ou dispensas estabelecidas pola lei (por exemplo, o segredo profesional).

As partes nun xuízo poden ter un réxime especial en canto á obrigación de prestar testemuño. Por exemplo, en moitos ordenamentos xurídicos as partes (e o acusado no proceso penal) non están obrigadas a prestar testemuño, ou a facelo baixo xuramento, ou ben a súa declaración considérase un medio de proba diferente.

Requisitos editar

Non existen uns requisitos específicos que permitan ser ou non ser testemuña nun xuízo. Pola contra, cada ordenamento xurídico regula no seu dereito procesual as características que debe de ter a persoa para ser testemuña en xuízo.

Por iso existen países onde calquera persoa con capacidade de contar o visto ou oído pode ser testemuña, mentres que noutros se limita dita posibilidade, principalmente aos menores de idade e aos incapaces, con idea de buscar a súa protección, e tendo en conta que polas súas características son testemuñas obxectivamente menos fiables.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para testemuña.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para testemuño.

Véxase tamén editar