Sir Michael Terence Wogan, nado en Limerick (Irlanda) o 3 de agosto de 1938 e finado en Taplow (Reino Unido) o 31 de xaneiro de 2016, foi un dos máis afamados presentadores e locutores de radio e televisión do Reino Unido, converténdose nun dos símbolos da BBC.[1]

Infotaula de personaTerry Wogan

Terry Wogan no Palacio de Buckingham tras recibir a Orde do Imperio Británico en 2005
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1938
Limerick, Irlanda Irlanda
Morte31 de xaneiro de 2016
Taplow, Reino Unido Reino Unido
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlandés e británico
EducaciónCrescent College (en) Traducir
Belvedere College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porFestival de Eurovisión (1971-2008)
Actividade
OcupaciónPresentador de televisión e locutor de radio
Período de actividade1956 Editar o valor em Wikidata - 2015 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBBC Radio 2
British Broadcasting Corporation Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoPhilips Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webterrywogan.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0937369 Musicbrainz: 5cd84120-2e06-41e5-939f-07b925c57ca5 WikiTree: Wogan-112 Editar o valor em Wikidata

Antes de retirarse do seu programa matinal na BBC Radio 2, Wake Up to Wogan no 2009, tiña oito millóns de público regular, converténdoo no locutor de radio máis escoitado en Europa.[2] Comezou a súa carreira na televisión pública irlandesa RTÉ na década dos 60.

Desde a década de 1960 foi unha das personalidades máis importantes da televisión no Reino Unido e era habitualmente referido como un tesouro nacional.[2] Ademais do seu programa diario, era coñecido no Reino Unido polo seu traballo na televisión, presentado entre outros programas o talk-show Wogan na BBC One e o programa de recadación de fondos para os nenos Children in Need. Foi ademais o comentarista para a BBC do Festival de Eurovisión entre 1971 e 2008, chegando incluso a presentar o certame no Festival de Eurovisión 1998 celebrado en Birmingham.[3]

Adquiriu a dobre nacionalidade irlandesa e británica en 2005.[4] Foi galardoado como Cabaleiro da Orde do Imperio Británico ese mesmo ano, podendo levar desde entón o título de Sir diante do seu nome.[5]

Finou a causa dun cancro o 31 de xaneiro de 2016 na súa casa en Buckinghamshire.[6]

Notas editar

  1. Lainformacion, ed. (31 de xaneiro de 2016). "Falleció el presentador irlandés de televisión Terry Wogan a los 77 años.". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2016. Consultado o 31 de xaneiro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Wogan’s run – the King of banter finally goes blankety blank" Por Kim Bielenberg, Sábado 12 de setembro de 2009, Irish Independent
  3. BBC (ed.). "BBC – Eurovision Song Contest, 1998, Grand Final: 1998". Consultado o 31 de xaneiro 2016. 
  4. "The Irish stars UK TV wouldn't be the same without". Radio Times. 17 de marzo de 2015. Consultado o 31 de xaneiro 2016. 
  5. BBC News, ed. (17 de xuño de 2005). "Radio's Wogan becomes Sir Terry". Consultado o 14 de marzo de 2015. 
  6. ITV News (ed.). "Tributes to broadcaster who made his home in Buckinghamshire". Consultado o 31 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar