O terrier tibetano é unha raza de can de tamaño medio orixinario do Tíbet.[1] Malia o seu nome, non é membro do grupo dos terrier. A raza recibe o seu nome polos viaxeiros europeos que viron nel semellanzas con razas terrier.[2] O nome tibetano para a raza, Tsang Apso, pódese traducir como "barbudo" ou "laúdo" (apso) da provincia de Tsang.

Terrier tibetano.

Orixe da raza editar

O terrier tibetano é unha raza de máis de 2.000 anos de antigüidade, orixinario das altas montañas do Tíbet. Os terrier tibetanos acostumáronse axiña á vida nómade, e a súa robusteza permitiulles soportar as extremas temperaturas, os terreos abruptos e as dificultades deste tipo de vida. Foron criados nos mosteiros e polos nómades, recibindo un trata respectuoso por parte dos monxes. Eran bos sentinelas, e críase que daban boa sorte. Adoitábanse ofrecer como agasallo ou para agradecer un servizo prestado. No Tíbet coñécense como "pequenas persoas".

Foron introducidos en Occidente na década de 1920 cando unha tibetana lle regalou á súa doutora, a dra. Agnes Greig dous exemplares: Bunti e Rajah. En 1930, o terrier tibetano foi recoñecido polo Kennel Club of India (KCI) e un ano máis tarde polo Kennel Club of England.

Notas editar

  1. American Kennel Club (2013). Get to know the Tibetan Terrier. Retrieved from http://www.akc.org/breeds/tibetan_terrier/index.cfm Arquivado 25 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
  2. GotPetsOnline.com (2013). Tibetan Terriers. Retrieved from http://www.gotpetsonline.com/pictures/gallery/dogs/terrier-dogs/tibetan-terriers/ Arquivado 23 de xuño de 2016 en Wayback Machine.