O termo terratenente (que ten terras) refírese ao dono ou posuidor dunha terra ou facenda. Se ben o termo se aplicaría de forma moi xeral, o seu uso corrente corresponde ao nomeamento dos grandes posuidores de terras.

Contexto histórico editar

Adoitan existir en países de tradición monárquica, onde normalmente forman parte da nobreza, nos que as súas fortunas proceden da Idade Media (Junkers de Alemaña ou Grandes de España). Aínda que tamén apareceron noutras circunstancias, como por exemplo en Cuba a comezos do século XX, a través de compañías agrícolas estadounidenses (onde posuían cerca do 75% da terra cultivable). Nestes casos os terratenentes eran os posuidores de grandes extensións de terra que mantiveran o poder económico e político durante a primeira parte do século. Basicamente, explotaban parte das súas terras con man de obra asalariada (indios e mestizos), e nalgúns casos con man de obra escrava. Os terratenentes non estaban interesados nun cambio nas leis relacionadas coa propiedade agraria, nin en que se abolira a escravitude.

Tendencias editar

Nas sociedades máis desenvolvidas tenden a desaparecer, principalmente polo menor valor das explotacións agrícolas, pero tamén por ter sido branco de diversos movementos revolucionarios (Revolución francesa ou transición á RDA).

Véxase tamén editar