Terra Galega

partido político de centro progresista e galeguista

Terra Galega (Tega) é un partido político de centro progresista e galeguista que se formou o 4 de novembro de 2005, aínda que está rexistrada dende maio dese ano.

Terra Galega (Tega)
Partido político de Galiza
Dirixentes e organización
LíderGuillermo Sánchez Fojo
(Presidente)
Pablo Padín
(Presidente de honra)
Historia
Fundación4 de novembro de 2005
Posicións políticas
IdeoloxíaGaleguista
Centrismo progresista
Representación
Representaciónsen representación parlamentaria
Concelleiros
10 / 3.766
Alcaldes
1 / 313
Outros datos
SedeVigo
Publicaciónwww.maisgalicia.eu/
Na rede
http://www.terragalega.eu
Facebook: TerraGalega.Oficial Twitter: TEGA_Galicia Editar o valor em Wikidata

Historia editar

 
Sede de Terra Galega en Carballo.

Xurdiu da unión do Centro Democrático Independiente (CDI), Iniciativa Galega, Coalición Galega, Unidade por Narón e algunhas outras pequenas forzas locais que sumaban 4 alcaldes e 64 concelleiros en 32 concellos galegos; os estatutos de Terra Galega permiten a existencia de partidos federados no seu seo. No ano 2010 sufriu unha forte escisión, na que o seu Secretario Xeral Xoán Gato e gran parte da militancia abandonaron o partido para incluírse na formación Converxencia Galega.[1]

Celebrou o Congreso Constituínte o 20 de maio de 2006 coa participación de 500 compromisarios que elixiron a Pablo Padín, exconselleiro de sanidade, como presidente e a Xoán Gato, alcalde de Narón, como coordinador xeral. Guillermo Sánchez Fojo foi elixido como Vice-Coordinador Zona Norte, Xosé Luis Vilas Martín como Vice-Coordinador Zona Sur, Marian Ferreiro Díaz como Coordinadora Nacional da Mocidade. As xuventudes do partido reciben o nome de Mocidade de Terra Galega.

En outubro de 2006 Unión Ourensana integrouse na coalición e tamén 6 dos doce concelleiros do Partido Popular de Galicia en Arteixo. Nas eleccións municipais de 2007 presentou 63 candidaturas, sobre todo na provincia da Coruña, e acadou 66 concelleiros. O 12 de xullo de 2008 celebrou o seu II Congreso, no que Pablo Padín saíu reelixido presidente e Xermán Tobío novo secretario xeral[2]. Non obstante, o sector liderado por Xoán Gato impugnou o Congreso e conseguiu que, o 23 de agosto seguinte, o xulgado suspendese de forma cautelar os acordos tomados no mesmo, co que este recuperou o seu cargo de coordinador xeral [3]. A Xunta Electoral permitiu a Xoán Gato presentarse ás eleccións autonómicas levando as siglas de Tega, tendo que ir o outro sector do partido nunha coalición co Partido Galeguista chamada Máis Galicia.

O 27 de marzo de 2009 a xustiza deu a razón a Tobío e a Padín, desestimando a demanda presentada por Xoán Gato e outros. O sector de Xoán Gato convocou unha asemblea para o 25 de abril, para acordar se se integran no partido Terra galega ou forman un novo[4]. Finalmente, en setembro de 2010 celébrase a asemblea constituínte de Converxencia Galega, o novo partido de Xoán Gato. No III Congreso celebrado o 10 de marzo de 2012 elixiu como secretario xeral a Guillermo Sánchez Fojo quedando Pablo Padín como presidente de honra [5].

Resultados electorais editar

En 2007 nas súas primeiras municipais obtiveron 3 alcaldías e 66 concelleiros, mellorando en 2 concelleiros os anteriores resultados dos membros da coalición situándose como cuarta forza política por enriba de EU. Os membros da coalición en 2003 tiñan: 24 concelleiros(CDI), 15(IG), 13(UN) e 12(CG).

En 2009 situáronse como quinta forza política detrás de UPyD.[Cómpre referencia]

En 2011 obtiveron 1 alcaldía e 23 concelleiros.

Nas municipais de 2015 quedaron no sexto posto, cun total de 29 concelleiros e o 0,97 % do voto galego total, xusto por detrás da candidatura galeguista socialdemócrata: Compromiso por Galicia.

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 29 de abril de 2011. 
  2. Pablo Padín revalida a presidencia no Congreso de Terra Galega, Vieiros 13 de xullo de 2008
  3. La Voz de Galicia, 24 de agosto.
  4. O grupo de Gato decidirá o 25 de abril se crea un novo partido Arquivado 02 de abril de 2009 en Wayback Machine., A Nosa Terra.
  5. Terra Galega elixe a Guillermo Sánchez Fojo como secretario xeral no III congreso Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Galicia Hoxe, 11 de marzo de 2012

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar