Termas romanas de Campo Valdés

Coordenadas: 43°32′43″N 05°39′40″O / 43.54528, -5.66111

As termas romanas de Campo Valdés eran uns baños públicos de época romana situados no actual Campo Valdés, no barrio de Cimavilla (Xixón). As ruínas conservadas poden visitarse e forman parte do Xacemento arqueolóxico de Cimavilla xunto con outros restos da mesma época como a Muralla romana de Xixón.

Termas de Campo Valdés.

Historia editar

O edificio comezou a edificarse no século I e estaba dividido en diferentes ambientes: unha zona fría, unha morna e outra quente, con auga temperada mediante un sistema de calefacción subterráneo. As paredes dalgunhas das estancias estaban decoradas con frescos. No século II levouse a cabo unha reforma e ampliación.

Foron descubertas en 1903 nunhas obras da rede de sumidoiros. Calixto Alvargonzález e Julio Somoza encargáronse das primeiras labores de escavación e documentación, elaborando cos resultados un informe arquivado polo Concello.

Tras o incendio da igrexa de San Pedro en 1936, levouse a cabo a súa reconstrución no lugar da localización orixinal, situada en parte sobre as termas. En 1990, iniciáronse escavacións para sacar á luz parte das ruínas, e en 1995 inaugurouse o museo actual.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • VV.AA. (1995). Astures. Pueblos y culturas en la frontera del Imperio Romano. Gran Enciclopedia Asturiana.