A Terceira Onda é unha ideoloxía político-social baseada no libro de Alvin Toffler que leva o mesmo nome (en inglés The Third Wave) publicado en 1980 e no que se fala dunha nova era social unha vez quedaron superadas as eras da Revolución Agrícola (primeira onda) e a Revolución Industrial (segunda onda). A súa lectura permite entender que procesos como a globalización estean máis preto da evolución humana ou da evolución cultural que dunha conspiración de poderosos.[1]

Na era social da Terceira Onda, grazas ás posibilidades que veñen facilitadas pola Revolución das TIC (Tecnoloxías da información e da comunicación), a sociedade reconfigúrase para superar os modelos de goberno, economía e comunicacións estruturados ao redor da produción centralizada (industrialismo capitalista e comunista) para afacerse a novos modelos estimulados por novas posibilidades (democracia participativa, economía globalizada e Internet).[2]

Notas editar

  1. Toffler, Alvin (1980). The Third Wave. OL 2869042W. 
  2. Vázquez, Ángel (2010). "Capítulo 1 - La Tercera Ola". Navegando la Tercera Ola [Navegando a Terceira Onda] (en castelán).