Terceira Guerra Mitridática

A Terceira Guerra Mitridática (-75--65) foi unha das tres Guerras Mitridáticas que enfrontaron a Mitrídates VI, rei do Ponto, coa república de Roma. Os romanos gañaron a guerra e Mitrídates suicidouse, finalizando dese modo a ameaza do Ponto e sometendo ao Reino de Armenia.

Terceira Guerra Mitridática
Parte de Guerras Mitridáticas

Data 74 a. C.65 a. C.
Lugar Siria, Palestina, Asia Menor,

(convertidas en provincias romanas ou en estados cliente).

Resultado Vitoria romana
Belixerantes
República Romana, Reino de Bitinia Reino do Ponto, Reino de Armenia
Líderes
Lucio Licinio Lúculo, Cneo Pompeio Magno Mitrídates VI, Tigranes o Grande
Forzas en combate
250.000 lexionarios, auxiliares e aliados 300.000 ponticos, 200-700.000 armenios

Mitrídates VI foi durante moito tempo unha espiña cravada no costado de Roma, provocando dúas guerras contra a República ao longo do século -I. Como consecuencia do caos que se apoderou de Roma tras o terror provocado polas ditaduras de Mario e Sila, a República estaba nunha completa desorde.

Ao lanzar un ataque ao mesmo tempo que se estendíase por Hispania a revolta de Sertorio, Mitrídates non atopou inicialmente ningunha resistencia. O Senado finalmente reaccionou enviando ao cónsul Lucio Licinio Lúculo a facer fronte á ameaza do exército do Ponto. O outro xeneral de que dispuña Roma, Pompeio, atopábase na Galia, marchando cara a Hispania para axudar a esmagar a rebelión dirixida polo xeneral Sertorio.

Ao chegar ao seu destino, Lúculo reuniuse con diversas lexións que estiveran combatendo por Asia Menor, e marchou contra Mitrídates movéndose cara a oriente e penetrando en Armenia, reino aliado do Ponto, chegando a someter a capital tras a Batalla de Tigranocerta. As veteranas lexións romanas demostraron ser moi superiores en combate ao exército que dirixía Mitrídates, composto na súa maior parte de armamento desfasado como os carros, que eran incapaces de penetrar nas liñas romanas. Avanzando profundamente en Armenia, Lúculo perseguiu a Mitrídates e o seu aliado Tigranes o Grande implacablemente, deixándose levar polos acontecementos. Pero no -69, mentres arrasaba o Cáucaso, comezaron a crearse exércitos inimigos novos e frescos detrás do seu avance ao mesmo tempo que os seus soldados, moitos deles servindo nas lexións bastantes máis dos vinte anos de servizo obrigatorio, comezaron a amotinarse como consecuencia das duras condicións de marcha ás que eran sometidos.

En Roma, o Senado decidiu substituír a Lúculo polo vitorioso Pompeio, coa esperanza de que este lograse concluír a guerra de xeito decisivo e permanente. Pompeio chegou ao pouco tempo ao leste coas súas propias lexións de veteranos e penetrou en Armenia derrotando a débil resistencia que atopou ao seu paso.

O exército de Mitrídates xa non existía máis aló do seu nome, mentres os seus aliados armenios estaban completamente desorganizados. Finalmente, Pompeio conquistou a capital de Armenia e Mitrídates fuxiu ao Cáucaso coa esperanza de reorganizar un exército novo e seguir a guerra contra Roma, pero pasados dous anos asumiu a súa completa derrota e suicidouse, pondo fin dese modo á terceira e última das Guerras Mitridáticas.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.