A Società Sportiva Teramo Calcio é un club de fútbol italiano da cidade de Téramo (nos Abruzos). Foi fundado en 1913 (e refundado en 2008) e actualmente compite na Lega Pro Seconda Divisione, tras ascender na tempada 2011–12.

Teramo Calcio
NomeSocietà Sportiva Teramo Calcio
Alcume(s)Il diavolo (O demo)
Biancorossi (Branco-vermellos)
Fundación15 de xullo de 1913 (110 anos)
EstadioStadio Gaetano Bonolis,
Téramo, Italia
Inauguración1929
Capacidade7.498
PresidenteItalia Luciano Campitelli
AdestradorItalia Roberto Cappellacci
LigaLega Pro Seconda Divisione/B
2012–13
VestimentaLegea
PatrocinadorLink Energy
Na rede
http://www.teramocalcio.net
Titular
Alternativo

As cores do equipo son vermello e branco.

Historia editar

Tras varias tempadas na Serie C1, o equipo tivo dificultades no 2006–07, rematando en 15 lugar e forzado a xogar unha eliminatoria de promoción. O equipo perdeu (4–2) co AC Ancona, que ocupou a súa 15ª posición, polo que o Teramo Calcio foi descendido á Serie C2.

Na tempada 2007–08, o equipo finalizou 8º na Serie C2/B, pero foi forzado a declararse en quebra ao final da tempada. O equipo foi refundado para a tempada 2008–09, e foi inscrito na Promozione - Abruzzo - Girone A, o sétimo nivel do fútbol italiano, substituíndo o clásico nome de Teramo Calcio por Società Sportiva Dilettantistica Real Teramo. Nesta tempada o equipo resultou campión, ascendendo a Eccellenza Abruzzese. Na campaña 2009–10 resultou campión da categoría, ascendendo a Serie D, división no que quedou segundo clasificado na tempada 2010–11, quedando citado para o playoff de ascenso. Tras pasar a primeira eliminatoria contra o Jesina Calcio (1–0), caeu na final ante o AC Rimini 1912 (1–3).

Na tempada 2011–12 resultou campión da Serie D, logrando o ascenso a Lega Pro Seconda Divisione.

Xogadores editar

Cadro actual editar

  • Datos do 17 de setembro de 2010.
Posto País Xogador
POR   Di Giandomenico
POR   Gaetano Farò
DEF   Julian Curri
DEF   Jacopo Guglielmo D'Eustacchio
DEF   Filippo Gattari
DEF   Marco Ianni
DEF   Roberto Russo
DEF   Giovanni Serao
MED   Marcos Bolzán
MED   Davide Borrelli
MED   Carmine Cerchia
MED   Carlo Cingoli
Posto País Xogador
MED   Davide Colacioppo
MED   Pedro Miguel Costa Ferreira
MED   Gaetano Di Mauro
MED   Gianmarco Di Paolo
MED   Dawid Lenart
MED   Gianmarco Di Paolo
DIA   Luis Arcamone
DIA   Aldo Cimini
DIA   Giuseppe Gambino
DIA   Mario Orta
DIA   Diego Pingiotti

Xogadores famosos editar

Palmarés editar

  • Serie D (3): 1973–74, 1993–94, 2011–12
  • Serie C2 (2): 1985–86, 2001–02

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar