Teos (grego antigo: Τέως) ou Teo foi unha antiga cidade grega situada no litoral de Xonia, nunha península entre Chytrium e Myonnesus. Fundouse como colonia de Orcómeno, dirixida por Atamante, ao que se uniron atenienses (dirixidos por Naoclo o Nauclo, Apeco e Damaso) e beocios (dirixidos por Geres).[1][2], pero a data da súa fundación é descoñecida. Teos foi unha das doce cidades que formaron a Liga Xónica. A cidade estaba situada nun istmo baixo. As súas ruínas están situadas ao sur da moderna cidade de Sığacık no distrito de Seferihisar da Provincia de Esmirna, Turquía.

Modelo:Xeografía políticaTeos
Imaxe

Localización
Mapa
 38°10′38″N 26°47′06″L / 38.1772, 26.785Coordenadas: 38°10′38″N 26°47′06″L / 38.1772, 26.785
EstadoTurquía
ProvinciaProvincia de Esmirna Editar o valor em Wikidata
Organización política
Membro de

Historia editar

Fundouse como colonia de Orcómeno, dirixida por Atamante, á que se uniron os atenienses (dirixidos por Naoclo ou Nauclo, Apeco e Damaso) e Beocia (rexión histórica). ) | Beocios]] (dirixido por Geres).[3][4] A rexión onde se localizou produciu moi bo viño e Dioniso foi un dos principais deuses.[5]. Tamén Poseidón foi especialmente adorado.[6]

Segundo outra tradición, fundouse durante o primeiro milenio a.C. por colonos de Tesalia e de Atenas. Foi, segundo Heródoto, unha das doce cidades xónicas, en realidade considerábase que ocupaba xusto o centro de xonia, de xeito que Tales de Mileto propuxo que Teos fose a sede da asemblea dos xonios.[7] Pasou a estar baixo dominio persa despois da caída de Creso. Ciro enviou a Harpago para someter ás cidades gregas que estaban previamente baixo o control de Lidia, o que supuxo o éxodo dunha parte da poboación entre o 545 e o 540 a.C. cara a Tracia, onde participou na refundación de Abdera, ou ao lado asiático do Bósforo Cimerio, onde participaron na fundación de Fanagoria. pero unha parte dos antigos habitantes permaneceu na cidade ou volveu alí logo da invasión persa de Grecia.[8][9][10]

Uniuse á revolta xónica contra o goberno persa, organizada pola cidade de Mileto e o seu tirano Aristágoras. Contribuíu con dezasete buques na batalla naval de Lade.[11]

Pertenceu á Liga de Delos durante a Guerra do Peloponeso. Despois da derrota ateniense da expedición a Sicilia, a cidade se rebelou no ano 412 a.C., pero foi sometida pouco tempo despois.[12]

No século IV a.C., o porto de Teos rexurdiu grazas a Antígono I Monóftalmos. Segundo as fontes, Epicuro estudou cun discípulo de Demócrito en Teos.

No século II a.C. aínda era prospera, a pesar dos disturbios do mundo helenístico, e construíuse nesta cidade o maior templo do mundo antigo, dedicado a Dionisio, baixo a dirección do arquitecto Hermógenes.[13] Este templo, en parte reconstruído, consagrouse ao culto de Tiberio na época romana e despois do emperador Adriano.

A cidade tiña dous bos portos, o principal ao sur, hoxe enarenado, e outro secundario ao norte empregado hoxe polos pescadores de Sigacik. Un dos portos e chamado Gerreídas por Estrabón[9] e Gereástico por Tito Livio.[14]

 
Teatro de Teos.
 
Odeón de Teos.

Na guerra de Roma contra o Seléucida Antíoco I Sóter, foi derrotado preto de Teos pola frota romana e a dos rodios.

Os restos de Teos aínda se conservan na cidade turca de Sigacik, especialmente un teatro, o templo de Dioniso e as murallas. Algunhas inscricións fan mención a tratados con Roma, con Etolia e algunhas cidades Creta e doutros estados, recoñecendo a inviolabilidade do territorio de Teos, a preeminencia do deus Dionisio e do dereito de asilo.

Foi o lugar de nacemento do poeta Anacreonte,[15] do historiador e filósofo escéptico Hecateo de Abdera e do sofista Protágoras.

O sitio hoxe editar

A moderna vila de Sığacık está situada preto das ruínas de Teos. O interior do que era antes a cidade foi cultivado intensivamente, o que dificulta a escavación do lugar. A través dos arados apareceu cerámica na superficie da terra, que recolleuse a través de estudos arqueolóxicos.

Descubríuse un interesante acordo de alugueiro en pedra en 2016 nas ruínas de Teos.[16][17]

Vexa tamén editar

Notas editar

  1. Pausanias VII,3,6.
  2. Estrabón XIV,1,3.
  3. Pausanias VII, 3,6.
  4. Estrabo XIV, 1,3.
  5. Estrabón XIV,1,29.
  6. Pausanias VII,24,5.
  7. Heródoto I, 142; I, 170.
  8. Heródoto I,168.
  9. 9,0 9,1 Estrabón XIV,1,30.
  10. Pseudo-Escimno 886.
  11. Heródoto VI,8,1.
  12. Tucídides VIII,16; VIII,19-20.
  13. Vitruvio, De architectura, VII e introdución.
  14. Tito Livio XXXVII,27.
  15. Pausanias I,25,1.
  16. http://www.hurriyetdailynews.com/centuries-old-rental-agreement-unearthed-in-turkeys-izmir.aspx?pageID=238&nID=104520&NewsCatID=375
  17. https://arstechnica.com/science/2016/10/2200-years-ago-in-turkey-this-insane-rental-agreement-was-inscribed-in-stone/

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar