Teodoro I de Montferrato

Teodoro I Paleólogo, nado en Constantinopla sobre o 1290 e finado en Trino o 24 de abril de 1338, foi un príncipe bizantino e marqués de Montferrato desde 1306 até a súa morte.

Infotaula de personaTeodoro I de Montferrato
Biografía
Nacemento1290 Editar o valor em Wikidata
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Morte24 de abril de 1338 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Trino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Marquis of Montferrat (en) Traducir
1306 (Gregoriano) – 1338 (Gregoriano)
← João I de Monferrato (pt) TraducirJoão II de Monferrato (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloMarqués Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Paleólogo Editar o valor em Wikidata
CónxuxeArgentina Spinola (en) Traducir (1306 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosIolanda Paleóloga de Monferrato (pt) Traducir, João II de Monferrato (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAndrónico II Paleólogo Editar o valor em Wikidata  e Irene de Monferrato (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMiguel IX Paleólogo, Simonida Paleóloga (pt) Traducir, João Paleólogo (pt) Traducir, Demétrio Paleólogo (filho de Andrônico II) (pt) Traducir e Bartholomaios Palaiologos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Palaiologos-3
Escudo da dinastía Paleólogo en Montferrato.

Era un fillo do emperador bizantino Andrónico II Paleólogo e Iolanda de Montferrato e por tanto irmán de pai do tamén emperador Miguel IX Paleólogo quen sucedeu ao seu pai no trono. Despois de que a liña masculina dos Aleramici, marqueses de Montferrato, se extinguise en 1305, herdou Montferrato, xa que a súa nai era irmá de Xoán, o último marqués da familia Aleramici. Desembarcou en Xénova en 1306, gañando aos poucos o territorio de Montferrato sostido por Manfredo IV de Saluzzo, a familia Acaja e o rei Carlos II de Anjou. En 1310 recibiu a investidura imperial polo emperador Henrique VII.

Matrimonio e fillos editar

En outubro de 1307, casou cunha dama xenovesa, Arxentina Spinola, filla do dux desa república, Opicino Spinola. Tiveron dous fillos:

Ademais, tivo outro fillo, tamén chamado Xoán (1312-1345), que morreu na batalla de Gamenario loitando contra o Reino de Nápoles.

Vida política editar

Teodoro centrou a súa política principalmente no mantemento dos seus dominios de Piemonte sen aventurarse en demasiadas campañas de conquista. Co fin de controlar mellor os territorios convocaba reunións periódicas dos parlamentos, no que participaban os principais vasalos do marqués. Nos parlamentos debatíase a xestión da terra e a defensa militar. Esta forma de goberno tamén foi utilizada por outros marqueses da dinastía Paleólogo para manter baixo control á baixa nobreza feudal.

En 1319 o Papa Xoán XXII solicitou axuda de Teodoro para solucionar o problema do cisma entre a Igrexa de Occidente e a Igrexa Oriental, aproveitando os bos contactos de Teodoro na corte bizantina do seu pai Andrónico II Paleólogo. Pero as súas boas relacións coa Igrexa de Avignon estaban abocadas ao seu fracaso polo comportamento abertamente contrario á Casa de Anjou de Teodoro.

Teodoro morreu en Trino en 1338. Sucedeuno o seu fillo Xoán II.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar