Un teodolito[1] é un instrumento de medida mecánico-óptico que se emprega para obter ángulos verticais e horizontais, na maioría dos casos, ámbito en que ten unha precisión elevada. Con outras ferramentas auxiliares pode medir distancias e desniveis. É portátil e manual; está construído con fins topográficos e de enxeñaría, sobre todo para as triangulacións. Con axuda dunha mira e mediante a taquimetría, pode medir distancias. Un equipo máis moderno e sofisticado é o teodolito electrónico, e outro instrumento máis sofisticado é coñecido como estación total.

Teodolito (Rusia, 1958)
Versión antiga do teodolito

Basicamente, o teodolito actual é un telescopio montado sobre un trípode e con dous círculos graduados, un vertical e outro horizontal, cos que se miden os ángulos con axuda de lentes.

Clasificación editar

 
Teodolito moderno.

Os teodolitos clasifícanse en teodolitos repetidores, reiteradores, compás e electrónicos.

Teodolitos repetidores editar

Estes foron fabricados para a acumulación de medidas sucesivas dun mesmo ángulo horizontal no limbo, podendo así dividir o ángulo acumulado e o número de medicións vistas.

Teodolitos reiteradores editar

Chamados tamén direccionais, os teodolitos reiteradores teñen a particularidade de posuír un limbo fixo e só se pode mover a alidada.

Teodolito-compás editar

Ten incorporado un compás de características especiais. Este ten un compás imantado coa mesmo dirección ao círculo horizontal sobre o diámetro de 0 a 180 grados de gran precisión.

Teodolito electrónico editar

É a versión do teodolito óptico, coa incorporación de electrónica para facer as lecturas do círculo vertical e horizontal, mostrando os ángulos nunha pantalla eliminando erros de apreciación. É de uso máis simple e por requirir menos pezas é máis simple de fabricar e nalgúns casos tamén a súa calibración.

As principais características que se deben observar para comparar estes equipos son a precisión, o número de aumentos na lente do obxectivo e se ten ou non compensador electrónico.

Eixes editar

 
Eixes principais dun teodolito.

O teodolito ten tres eixes principais e dous eixes secundarios.

Eixes principais editar

  • Eixe vertical de rotación instrumental S - S (EVRI): é o eixe que segue a traxectoria do cénit-nadir, tamén coñecido como a liña da chumbada, e que marca a vertical do lugar.
  • Eixe horizontal de rotación do anteollo K - K (EHRA): é o eixe en que se move o visor. Neste eixe hai que medir cando se empregan métodos directos como unha cinta métrica, e así obtense a distancia xeométrica.
  • Eixe óptico Z - Z (EO): é o eixe onde se enfoca aos puntos.

O plano de colimación é un plano vertical que pasa polo eixe de colimación, que está no centro do visor do aparece; xérase ao xirar o obxectivo.

Eixes secundarios editar

  • Liña de fe
  • Liña de índice

Características construtivas fundamentais editar

Para realizar un bo levantamento topográfico débense considerar as seguintes condicións:

  • Cando o teodolito se acha perfectamente instalado nunha estación, o eixe vertical (ou eixe principal) (S-S) queda perfectamente vertical
  • O eixe de colimación (Z-Z) debe ser perpendicular ao eixe horizontal (K-K)
  • O eixe horizontal (K-K) debe ser perpendicular ao eixe vertical (S-S)

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para teodolito.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Daumas, Maurice, Scientific Instruments of the Seventeenth and Eighteenth Centuries and Their Makers, Portman Books, Londres, 1989, ISBN 978-0713407273
  • Mills, John FitzMaurice, Encyclopedia of Antique Scientific Instruments, Aurum Press, Londres, 1983, ISBN 0-906053-40-4
  • Turner, Gerard L'E., Elizabethan Instrument Makers: The Origins of the London Trade in Precision Instrument Making, Oxford University Press, 2000, ISBN 978-0198565666
  • Turner, Gerard L'E., Nineteenth Century Scientific Instruments, Sotheby Publications, 1983, ISBN 0-85667-170-3