Teodato, finado en 536, foi duque de Tuscia e reinou sobre os ostrogodos do ano 534 ao 536.

Infotaula de personaTeodato

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 480 Editar o valor em Wikidata
Taurésio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortedecembro de 536 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Via Flamínia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Rei de Italia
2 de outubro de 534 – 536
← AtalaricoVitixes →
Rei dos ostrogodos
534 – 536
← AtalaricoVitixes → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino ostrogodo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua gótica Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaAmalos Editar o valor em Wikidata
CónxuxeGudeliva (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosTeodenanda (pt) Traducir, Teudegisclo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Paisvalor descoñecido Editar o valor em Wikidata  e Amalafrida Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Of_the_Ostrogoths-16

Traxectoria editar

Fillo de Amalafrida, irmá de Teodorico o Grande, ascendeu ao trono ao casar coa súa curmá Amalasunta, filla de Teodorico. Fixo exiliar á súa esposa Amalasunta ao lago de Bolsena e ordenou matala no 535.[1] O asasinato de Amalasunta foi usado polo emperador bizantino Xustiniano I para non recoñecer a lexitimidade do reinado de Teodato e invadir Italia.[2] A "reconquista" de Italia polo Imperio Bizantino foi denominada como "Guerra gótica de Italia" (535-554)[3] e levaría case dúas décadas e sería máis destrutora que as invasións xermánicas dos dous séculos anteriores.

A acción bélica iniciouse coa invasión do sur de Italia. Despois de que Belisario, xeneral do Imperio, conquistase Nápoles en 536, Teodato foi deposto polo seu pobo que elixiu a Vitixes como o seu sucesor e morreu asasinado cando trataba de fuxir camiño de Rávena.[2]

Notas editar

  1. Annales du Moyen Age III. Libraire Lagier. 1825. p. 13.
  2. 2,0 2,1 Diccionario universal (1855), p. 245
  3. Sirago (1999), p. 11

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Diccionario universal de historia y de geografia (en castelán). México: Impr. de F. Escalante y Cía. 1855. 
  • Sirago, Vito Antonio (1999). Amalasunta: la regina. Colección Donne d'Oriente e d'Occidente (en italiano). Milán: Jaca Book. ISBN 88-16-43509-7. 
Predecesor:
Atalarico
Rei dos ostrogodos
534536
Sucesor:
Vitixes